lunes, 15 de marzo de 2021

ENTREVISTA A SONIA VILLAPOL. UNHA NEUROCIENTÍFICA GALEGA

 Este curso, nas aulas de infantil, estamos moi interesados en coñecer mellor o noso corpo, as enfermidades, os virus, e todo o que teña que ver co mundo da ciencia.

Estamos descubrindo mulleres científicas que traballan en distintos ámbitos.

Unha destas científicas é Sonia Villapol. Unha galega  moi coñecida polas súas investigacións, na actualidade,  moi centradas nos efectos do coronavirus a nivel cerebral.

Como tiñamos moita curiosade polo seu traballo e sobre todo o que investiga no seu laboratorio, decidimos enviarlle as nosas preguntas. Moi amablemente, Sonia, respondeunos a todas elas

Podedes escoitala neste vídeo que nos enviou

ENTREVISTA A SONIA VILLAPOL


Moitísimas grazas, Sonia, pola túa dispoñibilidade e pola túa implicación!!



lunes, 15 de febrero de 2021

11 DE FEBREIRO, DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Celebramos este día con Irene Villar, unha científica muradana.

Agradecémoslle moitísimo a súa colaboración e e todo o seu esforzo para gravar este vídeo no que lles explica aos nenos e nenas de infantil en qué consiste o seu traballo. Podedes acceder a el clicando no seguinte enlace

IRENE VILLAR. UNHA CIENTÍFICA MURADANA




ENTROIDO NO COLE

 Este curso, a celebración do entroido foi un pouco distinta por todas as restricións a causa da COVID-19. Non obstante, iso non impediu que nos disfrazásemos e disfrutásemos dun día distinto.

Neste vídeo podedes ver o guapos e guapas que estaban os nenos e nenas de infantil e tamén o resto dos compañeiros/as de primaria




sábado, 13 de febrero de 2021

ADIVIÑAS SOBRE O INVERNO E O ENTROIDO

 NESTE TEMPO DE ENTROIDO ; ANÍMASTE A SEGUIR XOGANDO AS ADIVIÑAS ?


BRÚA NO ALTO DO OUTEIRO 

E ABANEA AO CASTIÑEIRO.


UNHA SABA BRANCA SEN ALGODÓN

 QUE COBRE O MUNDO E O RÍO NON.


CÓMESE NO ENTROIDO 

A PESAR DA CACHUCHA ,

AS ORELLAS E OS CACHELOS . QUE É?.


QUE SERÁ QUE CANDO CHEGA

CUNHA LEDICIA SEN PAR ,

A XENTE TAPA A CARA 

E LOGO PONSE A BAILAR?.