Mostrando entradas con la etiqueta INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2020

COMO ACTUAR EN CASO DE ENFADO

Desde o Departamento de Orientación do centro, Elena, fainos chegar este material tan interesante que vos pode ser moi útil ante as perrenchas ou enfados dos vosos nenos/as.

ENFADOS


martes, 5 de mayo de 2020

UTILIZA AS PANTALLAS DE FORMA RESPONSABLE


Desde o departamento de orientación, Elena fainos chegar unha serie de consellos sobre o uso de pantallas na etapa de educación infantil.
Aínda que esta é unha situación excepcional e as tecnoloxías nos permiten seguir en contacto,é importante non abusar delas, xa que poden ter consecuencias negativas para os nenos e nenas.
Podedes acceder a estas recomendacións clicando nesta ligazón.


UTILIZA AS PANTALLAS DE XEITO RESPONSABLE

lunes, 4 de mayo de 2020

DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE. EDUCACIÓN INFANTIL

    Unha vez recibidas instrucións definitivas por parte da Consellería de Educación para o desenvolvemento do terceiro trimestre nos centros educativos, procedemos a informar ás familias do seguintes puntos:

    · O traballo do terceiro trimestre estará enfocado principalmente ao repaso, reforzo e recuperación dos contidos e competencias traballadas antes da suspensión das clases presenciais.

    · O profesorado dispón da primeira quincena de maio para adaptar as súas programacións. Unha vez revisadas e adaptadas serán publicadas polo centro a través da súa páxina web para información de toda a comunidade educativa.

    · Para a avaliación na etapa de Ed. Infantil teranse en conta, principalmente, os dous primeiros trimestres. Non obstante, é necesario que durante o terceiro trimestre se manteña unha comunicación constante e fluída co profesorado e se sigan as súas suxestións para manter o vínculo do alumnado co ámbito escolar.

    · Non será necesario o envío de tarefas xa que o seguimento das actividades será un aspecto máis dentro da comunicación coas familias.

    · Pedimos colaboración e responsabilidade ás familias con respecto ás propostas de tarefas dos seus fillos e fillas. Calquera dificultade para poder recibir as actividades por parte do profesorado deberá ser comunicada na dirección do centro a través dos canles establecidos para iso.

· As familias velarán porque o alumnado estea en contacto continuo co centro, e estarán pendentes, coa maior frecuencia posible, das ferramentas e plataformas que estamos utilizando para o envío de tarefas e notificacións (Abalar, páxina web, blogs das distintas aulas e áreas, etc...)