Mostrando entradas con la etiqueta COVID-19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COVID-19. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de marzo de 2021

ENTREVISTA A SONIA VILLAPOL. UNHA NEUROCIENTÍFICA GALEGA

 Este curso, nas aulas de infantil, estamos moi interesados en coñecer mellor o noso corpo, as enfermidades, os virus, e todo o que teña que ver co mundo da ciencia.

Estamos descubrindo mulleres científicas que traballan en distintos ámbitos.

Unha destas científicas é Sonia Villapol. Unha galega  moi coñecida polas súas investigacións, na actualidade,  moi centradas nos efectos do coronavirus a nivel cerebral.

Como tiñamos moita curiosade polo seu traballo e sobre todo o que investiga no seu laboratorio, decidimos enviarlle as nosas preguntas. Moi amablemente, Sonia, respondeunos a todas elas

Podedes escoitala neste vídeo que nos enviou

ENTREVISTA A SONIA VILLAPOL


Moitísimas grazas, Sonia, pola túa dispoñibilidade e pola túa implicación!!



martes, 5 de mayo de 2020

LOGRARÉMOLO XUNTOS

As mestras de infantil estamos moi orgullosas do noso alumnado, porque se adaptaron de maneira exemplar a esta situación tan complicada.
Dun día para outro as súas vidas cambiaron por completo. Deixaron de saír a rúa, de ir a escola, de reunirse coas súas amizades,...e sen embargo non perderon o sorriso. Colaboraron nas tarefas da casa, axudaron na cociña, participaron no coidado dos xardíns e das hortas, pintaron, debuxaron, e seguiron xogando e aprendendo.
Por todo iso, as mestras de infantil quixemos facerlles unha pequena homenaxe e creamos este video.
Agardamos que vos guste!


Ademais das mensaxes que aparecen no video, recibimos outras que non engadimos, debido a que son un pouquiño máis longas. Non obstante, irémolas subindo estes días ao blog.
Grazas, familias, por compartir con nós todos estes momentos!!



jueves, 30 de abril de 2020

OS APLAUSOS DO PROFESORADO DO CEIP RICARDO TOBÍO SON PARA VÓS

Os aplausos das mestras e mestres do cole RICARDO TOBÍO de hoxe son para vós!!
-Porque levades moitos días na casa portándovos xenial. 
-Porque estades facendo un montón de actividades. 
-Porque sabemos que non é fácil facer as tarefas do cole na casa. 
-Porque seguides facendo deporte, e lendo e debuxando,... 
-Porque agora que podedes saír, estades sendo moi responsables.
 GRAZAS!!! Moito ánimo!!! Seguide así...






A CÁPSULA DO TEMPO

A profe Elena, consciente da relevancia da situación que estamos vivindo, fainos chegar unha proposta ben chula: Unha cápsula do tempo!

Trátase de rexistrar o que está a acontecer para dentro duns anos poder recordar como foi este momento e como nos sentiamos.

Adxuntámolo en PDF para que a poidades descargar, pero tamén tedes a posibilidade de tomar estas como modelo e preparar as vosas fichas de rexistro escribindo as familias ou os peques os enunciados.  Ademais é probable que algúns nenos e nenas precisen máis espazo para facer os seus debuxos que o que se mostra nas fichas. Por iso, adaptádeas ao voso gusto!! É unha actividade para realizar en familia, xa que os peques van a precisar a vosa axuda para cubrir os diferentes apartados e co alumnado de menor idade podedes ser os adultos os que escribades as respostas en función do que vos digan.
Animádesvos?

A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO







viernes, 3 de abril de 2020

BICHIÑO

Aínda que na entrada anterior nos despedimos de vós, acabamos de lembrarnos dun contiño moi especial que explica moi ben o momento que estamos a vivir e a importancia de quedarse na casa.
Moito ánimo peques! A pesar de que son momentos difíciles, o importante é que tedes todo o tempo do mundo para estar coa vosa familia e TODO VAI SAÍR BEN!

Agora si que nos despedimos, aínda que si atopamos algunha novidade de interese, tamén intentaremos subila ao blog!
Biquiños!!!

miércoles, 25 de marzo de 2020

O MONSTRO DAS CORES E O CORONAVIRUS

Esta situación que estamos vivindo é bastante complexa de entender para os nenos e nenas, por iso, na rede van aparecendo contos que lles poden axudar a comprender mellor o que está pasando.
Hoxe atopamos esta versión do conto "El monstruo de colores". Nel, abordanse as diferentes emocións e sentimentos que moitos dos nenos e nenas están a experimentar.
Agardamos que vos sexa de utilidade.

martes, 24 de marzo de 2020

PARA LAVAR AS MANS CANTANDO

Para estes días nos que o lavado das máns é máis importante ca nunca, Migallas danos unha idea fantástica para lavar as mans ao tempo que aprendemos o nome de todos os dedos. Animádesvos a cantala?


ROSA CONTRA EL VIRUS

A profe Elena fainos chegar este conto para axudarnos a explicarlles aos máis peques dunha forma sinxela que é un virus e e axudarlle a xestionar as súas emocións. Ao final do mesmo aparecen unhas recomendacións para os adultos.

ROSA CONTRA EL VIRUS (ISSUU)

Resultado de imagen de rosa contra el virus cuento

ROSA CONTRA EL VIRUS PDF

jueves, 19 de marzo de 2020

UN EXPERIMENTO CASEIRO PARA COMPRENDER A IMPORTANCIA DO LAVADO DE MANS

Ola familias! É moi probable que xa virades este experimento polas redes sociais para explicarlles aos nenos e nenas por qué e tan importante lavarse as mans con xabón para previr o contaxio do coronavirus ou outras enfermidades.

Pero se non tivéstedes ocasión de velo ou realizalo cos peques, aquí vos deixamos as instrucións:

MATERIAL NECESARIO
-1 plato fondo
-Auga
-Pementa
-Xabón

REALIZACIÓN
1º. Bota auga no prato.
2º. Estende un pouquiño de pementa na auga.
3º. Agora mete o dedo. Que pasou? O teu dedo mánchase de pementa, a cal representa o virus.
4º. Para desinfectarte, lava o dedo con xabón e despois volve a meter o dedo no prato... Que pasou agora? O virus foxe do teu dedo porque está limpiño!




miércoles, 18 de marzo de 2020

TODO VAI IR BEN

A profe Elena anímanos a que nos sumemos a esta proposta. Que vos parece? Podedes debuxar os vosos arcos das vella ou colorear o que adxuntamos e pegalos nas vosas ventás para transmitir pensaxes positivas!