Mostrando entradas con la etiqueta MOTRICIDADE FINA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOTRICIDADE FINA. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de febrero de 2022

TRAZOS E GOMETS

Os gomets son un recurso que lle encantan aos nenos e nenas de infantil e que ten moitas posibilidades para realizar actividades de grafomotricidade.

Velaquí uns exemplos

Pegar gomets sobre trazos marcados nun papel



Rodear gomets


Empregalos como punto de partida para realizar trazos verticais


Trazar camiños bordeando as pegatinas


Seguro que na casa se vos ocurren moitas máis posibilidades!!

RECORTAR

Recortar é unha actividade moi beneficiosa que podedes levar a cabo na casa cunhas tesoiras adecuadas para o alumnado de infantil

Recortar axuda a desenvolver os músculos da man, polo que  contribúe ao desenvolvemento da motricidade fina, a coordinación óculo-manual  e a mellorar e dominar destrezas manuais. Isto  tamén repercutirá positivamente na posterior adquisición dos procesos de escritura.

Ademais o proceso de recortado e creación libre cos recortes, axuda ao desenvolvemento da creatividade.

Cos nenos e nenas de menor idade pódensele dar tiras de papel para que vaian recortando en cadradiños, posteriormente poderán recortar eles mesmos as tiras e finalmente serán capaces de adaptarse aos trazos que marquemos sobre o papel.




miércoles, 6 de mayo de 2020

RECORTAR E PEGAR

Para hoxe traémosvos outra proposta que ten moitas posibilidades: recortar e pegar.

É importante que os nenos e nenas aprendan a manexar as tesoiras. Por motivos de seguridade estas deben ser tesoiras de uso infantil con punta redondeada e é importante que os acompañedes durante o seu uso.

O uso de tesoiras axúdalles a desenvolver  a súa motricidade fina e a coordinación óculo manual. Por tanto, o feito de recortar por recortar, sen ningún outro fin, xa é unha boa actividade.

Para os máis pequenos, que comezan a manexar as tesoiras, podemos ser os adultos os que cortemos tiras de papel e logo lle pidamos que as corten en cadradiños pequenos.

Pra os que xa teñen máis soltura recortando, os catálogos de supermercado, revistas e xornais son un material valiosísimo, xa que poden recortar diferentes elementos que aparezan neles.

Se realizamos composicións cos elementos que recortamos, e os pegamos nun folio ou cartulina, estamos a traballar a técnica plástica do collage e desenvolvendo a nosa creatividade: compoñer caras, paisaxes, formas, crear composicións disparatadas,... son actividades moi interesantes.

Se recortamos letras e xogamos a compoñer o noso nome ou outras palabras, tamén estamos a traballar a lectura e a escritura.

Que vos parece a proposta? Animádesvos a facer as vosas creacións e a enviarnos fotos?


http://plastiquem.blogspot.com/2014/04/tallers-de-plastica-ed-infantil-9.html?showComment=1397645216075#c6603689196623978067
 castle
https://www.pinterest.es/cnuezrincon/collage-infantil/

http://trabajandoenedinf.blogspot.com/2018/09/actividades-con-nuestro-nombre-2.html
http://talbaescola.blogspot.com/2012/02/letras-recortadas-sin-recortar-letras.html

lunes, 23 de marzo de 2020

FABRICAMOS PLASTILINA?

Ola familias! Hoxe traémosvos outra proposta que nos parece moi interesante e que pensamos que  pode axudar a desenvolver a motricidade fina dos mais peques ao tempo que fomentamos a súa creatividade.
Que vos parece fabricar plastilina? Na rede podedes atopar múltiples receitas. Nos seleccionamos unha  que nos pareceu moi sinxeliña.

INGREDIENTES: 
-3 vasos de fariña
-1 vaso de sal fina
-1 taza de auga
-De 2 a 5 culleradas de aceite (empezar engadindo dúas)
-Colorante alimentario (opcional)

ELABORACIÓN:
-Poñer todo en un recipiente e mesturar ben.
Si a textura é demasiado dura, podes ir engadindo máis aceite.

Tedes máis información no seguinte enlace

PLASTILINA CASEIRA EN CINCO MINUTOS


Con esa plastilina que fabriquedes, ademais de formas, figuras, podedes aproveitar para facer números, letras, compoñer os vosos nomes...

Se queredes contarnos que vos parece a proposta ou falarnos da vosa experiencia creando este material podedes deixarnos os vosos comentarios.