Mostrando entradas con la etiqueta ATENCIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ATENCIÓN. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2020

REPRODUCIÓN DE PATRÓNS

Unha actividade moi interesante, porque implica  atención, percepción visual e estruturación espacial, é a reprodución de patróns.
Estes parécennos moi recomendables porque os podedes facer empregando garfos e culleres. Aínda que aos adultos nos poidan parecer moi sinxeliños, veredes que para os nenos e nenas de infantil non o son tanto, xa que a percepción espacial aínda está en desenvolvemento.





Clicade  nesta ligazón para poder ver máis patróns.
REPRODUCIÓN DE PATRÓNS

martes, 26 de mayo de 2020

MÁIS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO CONTO DOS TRES PORQUIÑOS

As secuencias temporais axudan ao alumnado de infantil na estrutura da linguaxe e no desenvolvemento  da noción do tempo. Esta está relacionada co conto dos tres porquiños. Podedes imprimila  ou tratar de ordenala visualizandoa no voso dispositivo e indicar qué pasa primeiro, despois, ao tempo que se conta a historia. Ao ser unha secuencia con seis viñetas está mais recomendada para o alumnado de 5º e 6º de infantil.

Para o alumnado de 4º de Infantil propoñémosvos algo máis sinxeliño

Cal sería  a casa de cada proquiño?

Podedes unir a cada porquiño coa súa sombra?

miércoles, 20 de mayo de 2020

BUSCA O INTRUSO

Hoxe traémosvos unha proposta para traballar a atención, razoamento verbal e vocabulario.
Trátase de buscar ao intruso (elemento que non pertence a esa categoría).

Pensando nos máis peques atopamos este video que é moi sinxeliño e visual.


Para o alumnado de 4 e 5 deixámosvos estes PDF que podedes imprimir ou visualizar nos vosos dispositivos. Nos dous primeiros tedes que localizar o intruso, mentres que no último tedes que atopar os elementos que non son correctos en cada imaxe.

BUSCA O INTRUSO

LOCALIZA O INTRUSO

BUSCA OS ERROS NESTAS IMAXES

jueves, 7 de mayo de 2020

BUSCA AS DIFERENZAS

As actividades de buscar as diferenzas son moi positivas para traballar a discriminación visual, atención, concentración... Así que esa é a nosa proposta de hoxe.
Como sempre dámosvos varias opcións para poder realizar este tipo de actividades e diferentes niveis de dificultade.

Na web podedes atopar múltiples actividades  para imprimir deste tipo. Nos aquí enlazaremos algunhas. Pero se non dispoñedes de impresora, podedes facer o voso propio "Busca as diferencias caseiro".

Para comezar e cos nenos e nenas de menor idade podedes facer a seguinte actividade:

-Colocar varios obxectos sobre a mesa. Pedirlle que peche os ollos e quitar un. Cal falta?
-Colocar varios obxectos sobre a mesa. Pedirlle que peche os ollos e cambiar a posición dos mesmos. Podería volver a colocalos como estaban antes?
Para estas dúas propostas podemos empregar a cámara de fotos para que ao rematar poida comprobar cal era o obxecto que faltaba ou se os colocou como estaban  previamente.

Tamén podemos fotografar os obxectos. Realizar cambios na súa disposición, quitar algúns,... e facer a foto do antes e do despois para que nela xoguen a buscar a diferencia.


Nestes enlaces podedes acceder a un pfd para cada idade con actividades para imprimir.

BUSCA AS DIFERENZAS 3 ANOS
BUSCA AS DIFERENZAS 4 ANOS
BUSCA AS DIFERENZAS 5 ANOS


viernes, 24 de abril de 2020

XOGOS DE ATENCIÓN E MEMORIA

A proposta de hoxe son varios xogos sinxeliños cos que traballar a atención e a memoria.

QUEN FALTA?
-Colocamos nunha bandexa 4 ou 5 obxectos.
-O neno/a observa uns segundos
-Pecha os ollos e retiramos un dos obxectos
-Debe averiguar cal falta

(O ideal é ir xogando por quendas nas que cada participante debe averiguar o obxecto que falta, non só o neno/a)

XOGO DO LORO
-Decir 3 palabras e pedir que o neno/a as repita na mesma orde
-Logo ir engadindo cada vez máis palabras para complicar o xogo

XOGO DE MEMORIA CASEIRO
Con varias tapas que sexan todas da mesma cor e tamaño, no seu interior pegar un papel con un debuxo, letra, forma xeométrica (2 de cada).
Colocalos cos debuxos boca abaixo e xogar a facer parellas.
En lugar de usar tapas tamén o podedes facer con recortes de cartón que sexan todos iguais. O número de tapas ou cartóns dependerá da idade e capacidade do peque que teñades na casa.

E que vos parece se seguimos xogando coas letras?
Hoxe podemos xogar coa letra M, de MEMORIA.
Cal é o son que fai esta letra? Podemos dicir palabras que comecen por M? E si xogamos ao xogo do loro con palabras que teñan M?
Para practicar o trazo podemos facer a letra M con diferentes materiais, debuxala no aire, nun vidro empañado,...
Buscar a letra M en envases, xornais, revistas,...