
Blog das aulas de educación infantil do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío, de Esteiro.
Mostrando entradas con la etiqueta FOTOGRAFÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FOTOGRAFÍA. Mostrar todas las entradas
jueves, 2 de abril de 2020
FOTOGRAFIANDO A PRIMAVERA
En relación co proposta que vos fixemos de enviarnos fotos de como se ve a primavera desde os vosos fogares, Julia Lestón fainos chegar estas tan fermosas. Graciñas Julia!!


sábado, 28 de marzo de 2020
DÍAS DE PRIMAVERA
A primavera chegou con sol e calor, e está a encher todo de cor. Mostra diso son as fotos que estamos a recibir.
Nahia móstranos as súas árbores cargadiñas de flor.
Jennifer envíanos a foto da súa plantiña cargada de flores e con unhas vistas espectaculares ao mar.
Moitas grazas, familias, por compartir estas fotos con nós.
As mestras agradecémosvolo con este rock tan animado sobre a primavera. A bailar!!!
Nahia móstranos as súas árbores cargadiñas de flor.
Jennifer envíanos a foto da súa plantiña cargada de flores e con unhas vistas espectaculares ao mar.
Xabi Brea amósanos como a súa parra volve a agromar rematado o inverno.
Moitas grazas, familias, por compartir estas fotos con nós.
As mestras agradecémosvolo con este rock tan animado sobre a primavera. A bailar!!!
miércoles, 25 de marzo de 2020
A PRIMAVERA DESDE AS NOSAS CASAS
Estamos a recibir as vosas fotos da Primavera e queremos compartilas con todas as familias.
Valeria, da aula de 5 anos, amósanos como á súa viña lle comezan a agromar novas follas.

Daniela envíanos unha foto das preciosas vistas que ten desde a súa casa
Mateo amósanos como as súas árbores froiteiras comezan a porse verdes despois do outono e tamén como a orquídea que teñen na casa volve a ter flor.
Animádesvos a seguir compartindo fotos da primavera con nós?
Valeria, da aula de 5 anos, amósanos como á súa viña lle comezan a agromar novas follas.

Daniela envíanos unha foto das preciosas vistas que ten desde a súa casa
Mateo amósanos como as súas árbores froiteiras comezan a porse verdes despois do outono e tamén como a orquídea que teñen na casa volve a ter flor.
A profe Sela leva uns días observando desde a súa casa unha garceta que vai merendar á beira do mar. Conseguiu fotografiala e quere compartir esta imaxe con todos vós.
A profe Raquel, tamén conseguiu fotografiar esta bolboreta entre as flores do seu xardínAnimádesvos a seguir compartindo fotos da primavera con nós?
viernes, 20 de marzo de 2020
20 DE MARZO. CHEGA A PRIMAVERA
Aínda que non o pareza, porque o día está chuvioso, hoxe 20 de Marzo comeza a Primavera.
Son moitos os cambios que se producen na Natureza coa chegada desta estación.
As familias que contades con horta ou xardín poderedes comprobar como nalgunhas árbores comezan a agromar follas novas e tamén flores. Os que non, quizais podedes escoitar cantar algún paxariño desde as vosas fiestras.
Se algo caracteriza esta estación é o canto das aves e a explosión de cores pola cantidade de flores que comezan a aparecer. Os días son máis longos e cando están soleados xa se percibe a caloriña do sol. Ademais son moitos os bichiños que comezan a saír: formigas, bolboretas, escarabellos, abellas,...
As profes queremos facervos unha proposta ás familias. Que vos parece se nos enviades fotos ao noso correo electrónico de cómo se vé a primavera desde as vosas casas, hortas e xardíns?A dirección é a seguinte: infantilricardotobio@gmail.com. As que recibamos publicarémolas no blog para compartilas.
A profe Canucha, para animarnos coa proposta envíanos esta foto da súa cerdeira na que xa comezan a aparecer flores.
A profe Sela tamén nos propón unha adiviña.
CANDO CHEGA O BO TEMPO
ENCHO TODOS OS CAMPOS
COA MIÑA CARA AMARELA
E O MEU BABEIRO BRANCO
Sabedes a resposta? Podedes escribila nun comentario a esta entrada do blog.
E que vos parece unha manualidade? Aquí van unhas ideas sinxelas.
E por suposto, non debemos perder a oportunidade para escoitar música e cantar. Así que vos deixamos un par de cancións sobre a chegada desta estación.
E como tampouco nos esquecemos dos clásicos, velaquí a Primavera de Vivaldi con imaxes da estación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














