Mostrando entradas con la etiqueta MOMENTOS ESPECIAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOMENTOS ESPECIAIS. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de marzo de 2020

MOMENTOS ESPECIAIS. A CAÍDA DUN DENTE

Estes días nos que non nos vemos, é probable que nalgunhas familias se esten vivindo momentos especiais.
Na etapa de infantil, un momento moi significativo é a caída do primeiro dente. Posiblemente na aula de cinco anos moitos dos peques xa perderían algún dente e outros é probable que poidan facelo durante estes días.
Por iso, as mestras queremos darvos unha idea divertida para ese momento especial.
Que vos parece unha caixiña gardadentes?
No blog Sapos y princesas atopamos esta idea tan sinxeliña.
4 Ideas fáciles para sorprender al Ratón Pérez

Ademáis enlazamos unha canción divertida sobre este personaxe



COMPARTIR MOMENTOS

Dentro das rutinas da aula, todos os días temos un momento de asemblea no que os nenos e nenas poden compartir cos seus compañeiros as súas vivencias, curiosidades, intereses,...
Agora que todos estamos nas nosas casas e non podemos reunirnos para facer estes faladoiros ocurreusenos que a través do noso correo electrónico podedes facernos chegar imaxes das actividades que estades a realizar na casa, preguntas dos vosos nenos e nenas, acontecementos que queiran compartir cos seus compañeiros,... e subirémolos ao blog.
Por suposto, para respectar a privacidade de imaxe dos vosos nenos e nenas podedes enviar fotos nas que non se vexan as súas caras ou pedirnos que as pixelemos.
Animádesvos?
infantilricardotobio@gmail.com
Resultado de imagen de asamblea niños