Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de marzo de 2021

ENTREVISTA A SONIA VILLAPOL. UNHA NEUROCIENTÍFICA GALEGA

 Este curso, nas aulas de infantil, estamos moi interesados en coñecer mellor o noso corpo, as enfermidades, os virus, e todo o que teña que ver co mundo da ciencia.

Estamos descubrindo mulleres científicas que traballan en distintos ámbitos.

Unha destas científicas é Sonia Villapol. Unha galega  moi coñecida polas súas investigacións, na actualidade,  moi centradas nos efectos do coronavirus a nivel cerebral.

Como tiñamos moita curiosade polo seu traballo e sobre todo o que investiga no seu laboratorio, decidimos enviarlle as nosas preguntas. Moi amablemente, Sonia, respondeunos a todas elas

Podedes escoitala neste vídeo que nos enviou

ENTREVISTA A SONIA VILLAPOL


Moitísimas grazas, Sonia, pola túa dispoñibilidade e pola túa implicación!!



lunes, 15 de febrero de 2021

11 DE FEBREIRO, DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Celebramos este día con Irene Villar, unha científica muradana.

Agradecémoslle moitísimo a súa colaboración e e todo o seu esforzo para gravar este vídeo no que lles explica aos nenos e nenas de infantil en qué consiste o seu traballo. Podedes acceder a el clicando no seguinte enlace

IRENE VILLAR. UNHA CIENTÍFICA MURADANA