Hoxe, 14 de Febeiro, celébrase o día do amor e a amizade. E que mellor maneira de facelo que cantando e bailando. Velaquí un par de cancións xeitosas para esta data.
Blog das aulas de educación infantil do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío, de Esteiro.
Mostrando entradas con la etiqueta AMOR. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de febrero de 2022
miércoles, 2 de febrero de 2022
2 DE FEBREIRO. DÍA DA CANDELORIA
O 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria, ou Festa da Luz. É unha das festas do ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno e que prepara a inminente chegada da primavera e, con ela, o renacer da natureza.
Esta data sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer primavera.
En Galicia, este día tamén se considera a festa do amor, xa que segundo a a crenza popular, é cando casan os paxariños nas árbores.
O noso refraneiro popular lembra que:
-A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.
A Candeloria tamén serve para anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera:
-Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora
-Pola Candeloria metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra.
-Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra. Se ri, o inverno quere vir.
-Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)