Mostrando entradas con la etiqueta EXPERIMENTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPERIMENTOS. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de enero de 2022

XEO

Estes días fríos que estamos tendo son perfectos para observar a xeada que hai nos campos pola mañá. Hoxe, cando chegamos ao centro, parte do patio estaba xeado e algunhas das follas secas que aínda quedan polo chan estaban conxeladas.

Sentir o frías que están, ver como coa calor o xeo se derrite,... permítenos abordar as sensacións frío-calor e descubrir os cambios de estado da auga.

Unha actividade moi sixeliña, pero moi interesante, é a de meter auga no conxelador para ver como cambia de estado e se solidifica e ver logo como o xeo se derrite coa calor.

Esta proposta tan doada, pode enriquecerse e convertirse nalgo artísitico se á auga lle engadides colorante, elementos naturais como follas, flores,... Xa que podedes crear unhas esculturas xeadas ben fermosas.

Animádesvos?

Nesta ligazón atoparedes ideas moi interesantes sobre arte con xeo

https://escuelainnatura.com/arte-con-hielo/





jueves, 13 de enero de 2022

NEVE ARTIFICIAL

 Estamos estreando unha nova estación O INVERNO...Vai frío , chove ... Notastes os cambios na natureza?. E na roupa que nos poñemos ?

Cando vai moito frío , nalgúns lugares podemos atopar neve... En Esteiro non é doado que esto aconteza pero podemos facer nós neve artificial para xogar na casa e facer diferentes figuras con ela...queredes probar ? É moi divertido!!!

Existen varias receitas, pero a máis sinxela é a que mestura auga e bicarbonato sódico.

Podedes atopar máis información nesta ligazón

https://www.tierraenlasmanos.com/como-hacer-nieve-artificial-para-jugar-en-casa/







jueves, 12 de noviembre de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA NA ESCOLA

 



    ....por iso convertémonos en científicos e científicas e descubrimos cousas moooi interesantes.Hoxe na aula de 3 anos averiguamos como aparecen as cores secundarias.. 🔍

Cun pouco de auga en 3 vasiños , colorante alimentario e panos de papel..

Aquí vos queda unha ligazón con varios  experimentos que podedes facer na casa.

ANIMÁDEVOS!!!



miércoles, 22 de abril de 2020

UN TELÉFONO CON VASOS DE IOGUR

Ola familias!
A proposta de hoxe ten algo de manualidades e tamén de ciencia. Seguro que cando erades peques o tedes feito na escola ou na casa para xogar: Un teléfono con vasos de iogur.
A idea fíxonola chegar Valeria, da aula de 6º de Infantil, que nos enviou unha foto xogando con este trebello.

Pareceunos unha proposta moi sinxeliña coa que poder divertirse e aprender sobre cómo viaxa o son. O son viaxa polo aire, pero tamén pode facelo a través doutros materiais. Queredes comprobalo?

MATERIAL NECESARIO
-2 botes de iogur
-Cordel ou lá (3 metros aproximadamente)
-Tesoiras
-Agulla ou punzón

ELABORACIÓN
-Realizar un pequeno orificio na parte de abaixo de cada vaso
-Introducir en cada orificio un extremo do cordel e anudalo para que non se solte

Cada persoa colocarase nun extremo do teléfono tensando o cordel. Mentras un fala o outro escoita,comprobando como o son viaxa a través dos vasos e o cordel que os une.

Os peques poden decorar os vasos. Se pegades un trozo de papel cubrindo o vaso será máis sinxelo que eles poidan debuxar sobre el. Tamén poden pegarlle pegatinas.

https://www.manualidadesinfantiles.org/manualidades-envases-telefono-yogures

Ademais da manualidade podemos aproveitar para xogar coa palabra Teléfono e a letra T.
-Escribir a palabra TELÉFONO e facer preguntas: E longa ou curta? Cantas letras ten? Por cal empeza? Por cal remata?
-Compoñer a letra T con distintos materiais, pensar en palabras que comecen por T, facer unha lista de palabras que se escriban con T,...
Todo isto dependendo da etapa na que se atope cada peque.

Agradecemos moito que nos fagades chegar ideas, suxerencias, porque as propostas que xurden dos nenos e nenas e as súas familias, son as máis motivadoras de todas.
Graciñas!



viernes, 17 de abril de 2020

DEBUXOS MÁXICOS

Por si vos aburrides nesta fin de semana, Jenni, fainos unha proposta ben chula, que a ela lle parece maxia. Mirade!!



MATERIAL NECESARIO
-Papel de cociña
-Rotuladores
-Cubeta
-Auga

REALIZACIÓN
Cortar dous pregos de papel de cociña, deixándo un sobre outro
-No prego inferior facer un debuxo con rotuladores
-No superior trazar só o perfil dese debuxo
-Introducir os pregos en auga
-Observar o que acontece



jueves, 16 de abril de 2020

XERMINACIÓN DUNHA SEMENTE

Ola familias!
Hoxe traémosvos outra proposta moi sinxeliña, que seguro moitos de vós fixestedes na escola cando erades peques.
Na primavera, a natureza experimenta moitos cambios como podemos observar nas fotos que nos enviástedes. Tamén é momento de sementar, e iso podémolo disfrutar desde as nosas casas vendo como xermina unha semente.

MATERIAL NECESARIO
-Semente (lentella, faba, chícharo, millo...)
-Vaso, tarro ou bote (preferiblemente trasparente, aínda que tamén serve un de iogur)
-Algodón ou papel de cociña
-Auga

REALIZACIÓN
-Coloca a semente no tarro xunto cun pouco de algodón ou papel de cociña húmido.
-Déixao nun lugar no que lle dea a luz, a carón dunha ventá, por exemplo.
-Agarda uns días a ver que pasa
-É importante que o algodón sempre conteña algo de auga. Ao longo dos días irase secando polo que deberedes humedecelo con frecuencia.

Podedes rexistrar nnha folla de papel o nome da planta e día no que o fixéstedes para ver canto tarda en agromar, ou apuntalo no calendario. Tamén podedes debuxar o experimento e ir engadindo os cambios que observedes co tempo.






jueves, 19 de marzo de 2020

UN EXPERIMENTO CASEIRO PARA COMPRENDER A IMPORTANCIA DO LAVADO DE MANS

Ola familias! É moi probable que xa virades este experimento polas redes sociais para explicarlles aos nenos e nenas por qué e tan importante lavarse as mans con xabón para previr o contaxio do coronavirus ou outras enfermidades.

Pero se non tivéstedes ocasión de velo ou realizalo cos peques, aquí vos deixamos as instrucións:

MATERIAL NECESARIO
-1 plato fondo
-Auga
-Pementa
-Xabón

REALIZACIÓN
1º. Bota auga no prato.
2º. Estende un pouquiño de pementa na auga.
3º. Agora mete o dedo. Que pasou? O teu dedo mánchase de pementa, a cal representa o virus.
4º. Para desinfectarte, lava o dedo con xabón e despois volve a meter o dedo no prato... Que pasou agora? O virus foxe do teu dedo porque está limpiño!