A proposta de hoxe consiste en adiviñar a través do tacto cal é o obxecto que está nunha bolsa, caixiña,...
Precisaredes unha bosa que non sexa transparente (un saquiño de tela, por exemplo) ou unha caixa na que faredes un burato para poder meter a man.
Trátase de ir introducindo dentro deste saco/caixa obxectos que temos na casa e que o neno/nena , sen mirar, só tocando, adiviñe de qué obxecto se trata.
Para complicar o xogo, antes de dicir qué obxecto contén o saco/caixa, debe ir dicindo as características do mesmo: Se é duro ou brando, grande ou pequeno, liso ou rugoso, a forma que ten, o material do que pensa que está feito, se está frío ou quente,...
Esta é unha forma divertida de estimular non só o sentido do tacto, senon tamén as habilidades de pensamento e a curiosidade.
Lembrades que a semana pasada Canucha e Raquel contaron cadanseu conto relacionado coas cores e fixeron varias propostas de xogo relacionadas con este tema?
Pois esta semana, grazas a que outras compañeiras mestras son xenerosas e comparten os seus traballos, traémosvos actividades en liña a partir do conto "De que color es un beso?"
Na ligazón que vos deixamos podedes ver e escoitar o conto, responder preguntas relacionadas co mesmo e resolver adiviñas sobre as cores. Animádesvos?
Bos días!
Hoxe traémosvos unha adiviña relacionada cunha celebración que tivo lugar esta semana.
TEÑO FOLLAS SIN SER ÁRBORE
FÁLOCHE SIN TER VOZ
SE ME ABRES NON ME QUEIXO
ADIVIÑAS QUEN SON?
Xa o adiviñastedes?
Cun libro nas mans podemos coñecer países que están moi lonxe, volver ao tempo dos dinosauros, viaxar nun barco pirata,... miles de aventuras nos agardan entre as súas follas.
Con eles aprendemos, rimos, choramos,... Son grandes compañeiros que fan máis agradable e divertida a nosa vida.
Agardamos que onte disfrutárades do Día do Libro.
Aínda que non o pareza, porque o día está chuvioso, hoxe 20 de Marzo comeza a Primavera.
Son moitos os cambios que se producen na Natureza coa chegada desta estación.
As familias que contades con horta ou xardín poderedes comprobar como nalgunhas árbores comezan a agromar follas novas e tamén flores. Os que non, quizais podedes escoitar cantar algún paxariño desde as vosas fiestras.
Se algo caracteriza esta estación é o canto das aves e a explosión de cores pola cantidade de flores que comezan a aparecer. Os días son máis longos e cando están soleados xa se percibe a caloriña do sol. Ademais son moitos os bichiños que comezan a saír: formigas, bolboretas, escarabellos, abellas,...
As profes queremos facervos unha proposta ás familias. Que vos parece se nos enviades fotos ao noso correo electrónico de cómo se vé a primavera desde as vosas casas, hortas e xardíns?A dirección é a seguinte: infantilricardotobio@gmail.com. As que recibamos publicarémolas no blog para compartilas.
A profe Canucha, para animarnos coa proposta envíanos esta foto da súa cerdeira na que xa comezan a aparecer flores.
A profe Sela tamén nos propón unha adiviña.
CANDO CHEGA O BO TEMPO
ENCHO TODOS OS CAMPOS
COA MIÑA CARA AMARELA
E O MEU BABEIRO BRANCO
Sabedes a resposta? Podedes escribila nun comentario a esta entrada do blog.
E que vos parece unha manualidade? Aquí van unhas ideas sinxelas.
E por suposto, non debemos perder a oportunidade para escoitar música e cantar. Así que vos deixamos un par de cancións sobre a chegada desta estación.
E como tampouco nos esquecemos dos clásicos, velaquí a Primavera de Vivaldi con imaxes da estación.