Mostrando entradas con la etiqueta VOGAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VOGAIS. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de abril de 2020

XOGOS COAS VOGAIS

Para hoxe propoñémosvos varias actividades coas vogais.

Primeiro podedes escoitar este conto, da editorial Kalandraka, sobre o morcego AURELIO que roubou as vogais para facer o seu nome.


E vos? Que vogais tedes no voso nome?

Podedes xogar a escribir as vogais ou trazalas sobre area, sal, fariña, pero tamén as podedes compoñer con pedriñas, flores, paus, ou con cordóns como fixo a profe Sela. Mirade!!













Coas vogais tamén podedes xogar ao vexo vexo, buscando na vosa casa obxectos que comecen por A, E, I, O ou U.

E que vos parece un xogo de memoria coas vogais? Podedes preparar unhas tarxetas e xogar a atopar as parellas. Cos maiores, o memori pódese complicar tendo que asociar a vogal en maiúscula coa correspondente en minúscula.

Tamén vos deixamos a ligazón de varios xogos en liña para traballar as vogais.

E por último,... que vos parece se cantamos coas vogais? Animádesvos a cantar con Raquel?


Gustouvos? Pois estade moi atentos ao blog porque as mestras iremos subindo diferentes videos nos que aparezamos nós para que poidades vernos!!