Mostrando entradas con la etiqueta ASEMBLEA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ASEMBLEA. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de mayo de 2020

ASEMBLEA COA PROFE CANUCHA

A profe Canucha, para o seu alumnado, e tendo en conta as mensaxes e imaxes que lle enviaron, 
preparou unha asemblea na que conta como está cada un dos seus nenos e nenas e lles manda moitos biquiños. Seguro que vos gusta escoitar da súa voz como están os vosos compañeiros e compañeiras!!

















martes, 24 de marzo de 2020

COMPARTIR MOMENTOS

Dentro das rutinas da aula, todos os días temos un momento de asemblea no que os nenos e nenas poden compartir cos seus compañeiros as súas vivencias, curiosidades, intereses,...
Agora que todos estamos nas nosas casas e non podemos reunirnos para facer estes faladoiros ocurreusenos que a través do noso correo electrónico podedes facernos chegar imaxes das actividades que estades a realizar na casa, preguntas dos vosos nenos e nenas, acontecementos que queiran compartir cos seus compañeiros,... e subirémolos ao blog.
Por suposto, para respectar a privacidade de imaxe dos vosos nenos e nenas podedes enviar fotos nas que non se vexan as súas caras ou pedirnos que as pixelemos.
Animádesvos?
infantilricardotobio@gmail.com
Resultado de imagen de asamblea niños