Mostrando entradas con la etiqueta MOMENTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOMENTOS. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

COMPARTINDO MÁIS MOMENTOS VIII

Compartimos as fotografías que recibimos ao longo desta semana
Jenni cóntanos que agora que pode pasa moito tempo fora da casa: vai á praia, foi na lancha a dar un paseo e tamén está aprendendo a nadar. Coida do seu xardín e xoga moito con Coco, o seu can. Ten tanto pelo que Jenni di que parece de peluche!
Cando visita aos avos sempr evai a ver as galiñas e a darlle de comer.
Polas mañás traballa nas tareas da casa e tamén fai algunha ficha. Está aprendendo a cortar coa tesoira e a escribir o nome. Pásao moi ben, pero bota moito de menos o cole e os amiguiños. Está desexando que todo volva á normalidade e se marche este virus para que pronto nos volvamos a ver todos. Envíavos moitos biquiños!












Eire segue a compartir momentos moi divertidos co seu irmán, e agora que chega o bo tempo tamén disfruta na praia!



Nahia cóntanos que esta semana lle naceu unha cuchiña nova, que patinou moito e xogou coa súa irmá Lucía. Dinos que vos bota moito de menos, que vos veredes no próximo curso e envía moitos bicos!!



Mateo envíanos unhas fotos dos paseos que fai os domingos, explorando sitios novos para el. Tamén axudándolle ao seu avó a lavar o coche e facendo algunha das activdades impresas que propuxemos. Despídese ata o próximo curso, desexándonos que pasemos un bo verán e que voltemos en setembro con moita forza e moitas ganas.


A profe Raquel tamén nos envía unha foto para que vexades como foron medrando os vermiños de seda. Aínda non se convertiron en boboretas, pero dous deles xa fixeron o seu casulo. Atopádelos?


Clara despídese desxándonos que o pasemos ben este verán e con biquiños para os seus compis. Moitos bicos tamén para ti, Clara



viernes, 12 de junio de 2020

COMPARTINDO MÁIS MOMENTOS VII

Nahia segue a enviarnos  unhas fotos preciosas. Dinos que a fin de semana pasada foi a pasear  polo monte e estivo coas vacas. Se vos fixades ben nunha das imaxes podedes ver como a cuchiña está a mamar. É unha foto preciosa. Tamén nos envía a imaxe dunha libélula que atopou. Son moi bonitas, pero vense moi pouquiñas. Que sorte que che deixara facerlle unha foto, Nahia!



Martín tamén nos envía fotos debuxando, algo que lle encanta facer! 








A próxima semana será a última deste curso escolar, polo que se queredes enviarnos algunha imaxe ou mensaxe a modo de despedida para que compartamos cos vosos compañeiros e compañeiras non dubidedes en facelo!!

viernes, 5 de junio de 2020

COMPARTINDO MÁIS MOMENTOS VI

Continuamos compartindo os vosos momentos especiais. Encántanos saber de vos e seguro que aos vosos compañeiros e compañeiras tamén

Nahia dinos que esta semana lle preguntou a súa nai cómo falaba coas amigas cando non podía velas, cando tiñan que estar na casa como agora, por exemplo. A súa nai díxolle que ela tiña unha amiga por correspondencia, que como non tiña teléfono mobil lle escribía cartas. Así que Nahia decidiu enviarlle unha postal á súa avoa para comprobar se era certo que a recibía. E así foi!!
Tamén nos conta que xoga moito coa súa irmanciña Lucía, e que esta semana fixo unha excursión moi especial, ao Pozo da vella, lugar no que aprendeu a súa nai a nadar, aínda que auga estea xeada!!
O certo é que vendo as fotos, aínda que a auga estea fría, apetece darse un bo chapuzón nese sito tan fermoso.



Marcos fálanos dun descubrimento que fixo na súa piscina. Sabedes que atopou? Nin máis nin menos que unha rá, e quérevola ensinar!


Xaquín tamén nos envía unha morea de fotos. Está aprendendo a nadar na súa piscina nova e pasou a fin de semana coa súa prima Alicia, que foi de visita. Divírtese na cociña, explorando paraxes naturais e coida da súa horta!











E mirade canto traballou Brais xunto co seu pai para montar este esqueleto!! Iso si, o traballo tivo unha merecida recompensa. Chapuzón na piscina!!
Daniela amósanos cómo pasa oa tempo con un xogo de cpnstrucción con imáns que lle regalaron o seu pai e a súa nai. Gústalle moito, e con un pouco de axuda conseguiu crear unha noria!! Tamén colabora na cociña e preparou unhas croquetas ben ricas. Ademais cóntanos que o outro día atopou unha bolboreta moi fermosa pero que case non se movía. Daniela pensa que é porque facía moita calor!