Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

ENREDOS CON CALCETÍNS

Estes días parece que a chuvia volverá estar presente, polo que teremos que pasar máis tempo na casa. Tendo en conta itso, a proposta que vos presentamos hoxe pretende que vos divirtades, ao tempo que os nenos e nenas adquiren novos aprendizaxes, empregando un material moi sinxelo e común: Os calcetíns!

-Estimar e contar calcetíns:
Facer un montón con calcetíns e estimar cantos pode haber. Logo comprobalo contando

-Emparellar calcetíns:
Facer un montón  cos calcetíns da casa e buscar a parella de cada calcetín. Ensinarlles a doblalos e meter un dentro doutro. Deste xeito, ademais de traballar a discriminación visua,l estamos  axudando a mellorar a motricidade fina.

-Calcetíns multiusos:
Esta actividae consiste en poñer en marcha a creatividade e pensar en posibles usos que poden ter os calcetíns a maiores do habitual: Poden convertirse en unha corbata, un lazo para o pelo, unha bufanda...

-Pelota de calcetíns:
Elaborar unha pelota con calcetíns e xogar con ela: Pasárnola de uns a outros e ao que lle caia das mans perde un punto; elixir un obxecto a modo de diana para derribar ou tocar lanzando o calcetín; usala como balón de fútbol e intentar meter un gol nunha portería improvisada, que poden ser as patas dunha silla, por exemplo.
Con estes xogos melloramos as habilidades motrices dos nenos e nenas. Algo fundamental nestas idades.

-Títere de calcetín:
Confecionar un títere a partir dun calcetín é unha actividade moi divertida coa que se desenvolve a creatividade. Podemos coser ou pegar uns botóns a modo de ollos, anacos de la como se fose o pelo,... Buscaremos un nome para o títere e podemos xogar con el a representar diferentes situacións. Animádesvos? Podedes enviarnos fotos do títere que confecionedes en familia.

Calcetines, Lana, Tejer, Hilo, Afición, Cálido

martes, 9 de junio de 2020

XOGOS COAS FIGURAS XEOMÉTRICAS

Hoxe traémosvos varias ideas para traballar as formas xeométricas dunha forma divertida

-Puzzle caseiro de figuras xeométricas: 
Creade figuras xeométricas sobre fieltro, goma eva ou cartón. Marcade todas estas figuras sobre un cartón con un rotulador negro. Xa tedes o voso propio puzzle caseiro co que vos podedes divertir colocando as pezas sobre o cartón.


Trazar figuras xeométricas nunha bandexa de area:
Tamén podes empregar pan raiado, sal,... e ter unhas plantillas feitas en cartón para que os peques as copien, desenvolvendo así a súa capacidade de observación.



Emparellar metades de figuras xeométricas:

Crea varias figuras en goma eva ou cartón e recortaas. Logo divídeas en dúas metades. Mestúraas e logo pídelle ao neno/a que as emparelle para formar de novo as figuras.



Nesta ligazón podedes atopar moitísimas máis ideas de actividades sobre as formas xeométricas

Ademais, achegamos agunha actividade que podedes imprimir se o desexades. Están ordenadas de menor a maior dificultade.

Payasos.jpg (1119×1572) (con imágenes) | Figuras geometricas para ...

Figuras Y Formas - Lessons - Tes Teach

46 Fichas básicas y variadas para trabajar la atención | Figuras ...

Figuras geometricas … | Figuras geometricas para niños, Figuras ...