Mostrando entradas con la etiqueta AUTONOMÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AUTONOMÍA. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de marzo de 2020

VIDA PRÁCTICA

Son moitas as tarefas da casa nas que os nenos e nenas poden colaborar. Deste xeito van a adquirir unha maior autonomía e tamén unha mellor destreza manual.
Agora que temos todo o tempo do mundo, deixádelles facer e permitide que se equivoquen e cometan erros, porque diso tamén se aprende.
Velaquí varias tarefas sinxelas que os nenos e nenas poden facer por si mesmos:
-Vestirse e espirse. Tamén calzarse e descalzarse.
-Abotoar e desabotoar.
-Preparar a roupa do día seguinte.
-Asearse.
-Emparellar calcetíns.
-Limpar os seus zapatos.
-Axudar a tender a roupa.
-Poñer e recoller a mesa.
-Preparar por si mesmos pequenas merendas: facer un bocadillo, unhas brochetas,...
-Untar pan con confitura, queixo,...
Resultado de imagen de cocinita-Cortar verduras ou froitas.
-Pelar ovos cocidos.
-Abrir e pechar envases.
-Preparar xuntos unha receita sinxela.
-Amasar.
-Servirse a bebida.
-Colaborar na limpeza da casa (quitar o polvo con un plumero, un trapo, limpar cristais,...)
-Regar e coidar as plantas...

Os nenos e nenas da etapa de infantil precisan ser conscientes de sí mesmos e das súas posibilidades. O adulto debe ofrecer un  modelo e acompañar nestas accións, pero dando só a axuda necesaria e procurando non intervir demasiado. Son os peques os que teñen que traballar e exercitar as súas mans. Con estas actividades da vida práctica levan a cabo un traballo mental, emocional e físico. Aprenden a ser independentes, a concentrarse, a controlar os seus músculos e anlizar as etapas lóxicas dunha actividade. Así que...deixádelles facer!