Mostrando entradas con la etiqueta MEDOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MEDOS. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de mayo de 2020

CONTO: GATO GUILLE E OS MONSTROS

Hoxe, a profe Canucha cóntanos o conto Gato Guille e os monstros. É un conto que trata o tema dos medos dunha forma moi divertida e con un final feliz e reconfortante.


Algunhas das actividades que podedes facer a partir do conto son:
-Falar sobre os seus  medos, que cousas os asustan?
-No conto menciónanse diferentes partes da casa. Cales son? Que hai en cada unha? Deste xeito traballamos ese vocabulario.
-Debuxar a nosa casa e a nosa familia
-Gato e Guille comezan pola letra G, que outras palabras coñecemos que comecen por esa letra? Podemos trazar a letra G, compoñela con diferentes materiais, escribir un listado de palabras con esa letra,...

Ademais, na web atopamos varios recursos que, si o vedes oportuno, podedes imprimir e cos que podedes crear un títere do Gato Guille ao que podedes vestir.






ACTIVIDADE 1

ACTIVIDADE 2

ACTIVIDADE 3.1
ACTIVIDADE 3.2

DEBUXO GATO GUILLE


martes, 12 de mayo de 2020

COMO AXUDAR A SUPERAR OS MEDOS

Elena, a orientadora do centro, consciente dos medos e a ansiedade que pode xerar entre nós e os nenos e nenas a situación que estamos vivindo, elaborou un pequeno documento con consellos para afrontar esta situación.
Agardamos que vos sexa de utilidade, non só para este momento, senón para calquera ocasión na que xurdan medos, algo habitual na etapa da educación infantil.

COMO AXUDAR A SUPERAR OS MEDOS