Iremos publicando máis fotos para que vexades como van medrando.
Blog das aulas de educación infantil do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío, de Esteiro.
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO AVES. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de abril de 2020
OS PITIÑOS DE PLUMITAS
Iremos publicando máis fotos para que vexades como van medrando.
viernes, 10 de abril de 2020
PLUMITAS E OS SEUS PITIÑOS
Ola! Xa sabemos que estamos de vacacións, pero temos unha noticia importante e non somos capaces de aguantar ata a volta da Semana Santa para contárvola.
Lembrádesvos da galiña da profe Canucha? A que estaba chocando os ovos? Sabedes que día e hoxe? Hoxe é 10 de Abril, e cúmprense exactamente 21 días desde que comezou a darlle calor.
Que pasaría? Pensades que naceron os pitiños?
Mirade!!!
Algúns son amareliños e outros negros. Pensamos que son oito en total, pero non se poden contar ben porque a galiña non se quere separar deles. Irémosvos enviando fotos para que vexades como van medrando.
Tamén aproveitamos a publicación para agradecervos as fotos que nos estades enviando ao longo destes días, o próximo Martes publicarémolas todiñas.

viernes, 3 de abril de 2020
A GALIÑA DA PROFE CANUCHA II
Lembrádesvos da galiña da profe Canucha?
Sigue chocando os seus ovos, só abandona o niño para comer e beber.
Estaremos moi pendientes dela para ver nacer os seus pitiños e compartir ese momento con vós.
Polo momento, facémosvos unha proposta. A galiña non ten nome, propoñédesnos algún? Podedes deixalo nos comentarios.

domingo, 22 de marzo de 2020
A GALIÑA DA PROFE CANUCHA
A profe Canucha ten unha galiña choca!! Está incubando once ovos, así que si todo sae ben, pronto terá pitiños!!
Vainos a enviar fotos case todos os días para que poidamos seguir a evolución.
Sabedes canto tardan en nacer os pitiños? 21 días.
Así que mirade o calendario. A galiña comezou a darlle calor aos ovos o día 20. Se contades 21 días a partir desa data saberedes o día no que nacerán os pitiños.
Xa sabedes cando será? Esperamos con ansia a que chegue ese momento.

miércoles, 18 de marzo de 2020
DÍA DE SAN XOSÉ, A PRIMEIRA ANDORIÑA SE VE
En relación co proxecto das aves, un tema que nos gustaría abordar é a migración das mesmas. Son moitas as aves que coa chegada o inverno se ven obrigadas a desprazarse a outros lugares para poder atopar comida e sobrevivir. Agora que chega a primavera, son moitas as que retornan.
Moitos dos refráns da nosa cultura pupular fan referencia a este feito:
-Día de San Xosé, a primeira andoriña se ve.
-Entre Marzo e Abril, sae o cuco do cubil.
-San Raimundo trae a andoriña do outro mundo.
A riqueza da nosa cultura popular tamén nos deixa moitas cantigas relacionadas co tema:
-Canta cuco, canta cuco
que xa cantou a bubela
cantas os bechiños todos
no tempo da primavera.
-Catro aves escollidas
son as que pasan o mar
o cuco maila anduriña
a rula e o paspallás.
Que vos parece abordar este tema cos nenos e nenas e aprovietar para que aprendan algún destes refráns ou reciten as cantigas? Deste xeito tamén se están familiarizando coas nosa cultura de tradición oral.
Este conto que atopamos na rede, tamén fai alusión á migración e fai un repaso das aves que pasan o verán en Galicia e invernan en África.
A BUBELA E OUTROS GALEGOS CURIOSOS
Aquí vos deixamos, tamén, o enlace a un video que fai referencia á migración das aves. Aínda que é un vídeo de América, explica como se preparan as aves para o seu viaxe e os perigos que sufren durante o mesmo.
Pero non todas as aves migran, e algunhas incluso chegan aquí durante o outono ou inverno. Neste artigo do xornal La voz de Galicia, podedes atopar moita información e imaxes sobre a migración das aves. Que tal se o consultades cos vosos peques?
CANDO AS AVES FAN AS MALETAS OU NON

lunes, 16 de marzo de 2020
MATERIAIS RELACIONADOS CO PROXECTO SOBRE AS AVES
Como xa sabedes, nas aulas estabamos a desenvolver un proxecto relacionado coas aves.
Por iso pensamos que estes enlaces que aquí deixamos poden ser interesantes para o alumnado. Polo momento, gran parte do material que atopamos está en castelán, pero seguiremos buscando para ofrecer materiais tamén en galego.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)