Mostrando entradas con la etiqueta NÚMEROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NÚMEROS. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de junio de 2020

TODO NATURAL

Os últimos contos que publicamos no blog, "A eiruga lambeteira" e "A mellor sopa do mundo", poden ser unha fantástica excusa para abordar o tema da alimentación saudable. E agora que se aproxima o verán e a calor sempre apetecen alimentos máis refrescantes como froitas e verduras.
E necesario que os nenos e nenas coñezan a importancia dunha dieta rica e variada con productos sans, frescos e nutritivos.
Para animalos a consumir productos naturais achegamos esta canción do grupo MAMÁ CABRA. 
Todo natural

E para repasar as cores, os números e as froitas, mirade que vídeo tan chulo atopamos.

Que? Animádesvos a contar froitas e agrupalas por cores? Despois, con elas, podedes preparar unha macedonia ben rica!!

martes, 2 de junio de 2020

martes, 19 de mayo de 2020

CONTO. A CEBRA CAMILA


Hoxe, Raquel cóntanos o conto da Cebra Camila.


A partir do conto tamén podedes facer varias actividades:
-Contar ata sete, que foron as raias que perdeu Camila.
-Contar desde o sete cara atrás
-Debuxar a Camila e aos outros personaxes do conto
-Fixarse en que Cebra e Camila comezan pola letra C, pero o son que fai nesas palabras é diferente.

E tamén podedes imprimir algunha destas actividades.

ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR CEBRA CAMILA

Puzzle cebra camila (con imágenes) | La cebra camila, Cebra, CuentosActividades la cebra Camila | La cebra camila, Cebra, El cuento ...

Cuéntame un cuento: La cebra Camila - Aula de Elena

martes, 21 de abril de 2020

XOGOS MATEMÁTICOS CON PINZAS

Para hoxe traémosvos varias propostas de xogo e aprendizaxe cun material que todos temos nas nosas casas, as pinzas da roupa.
Co seu manexo axudamos a mellorar a motricidade fina, pero ademais, as posibilidades de xogo son case ilimitadas.
Aquí vos deixamos varias propostas de menor a maior dificultade que podedes escoller dependendo do nivel evolutivo de cada neno

-Clasificar pinzas por cores e contar cantas hai de cada (Se na casa as pinzas que tedes son de madeira podedes pintalas con ceras ou rotuladores)
-Facer series de cores coas pinzas: azul-vermello-azul-vermello (Pódese empezar con dúas cores e logo ir aumentando a dificultade).
-Colocar tantas pinzas como indique o número: En un rolo de papel, recorte de cartón,...podemos escribir o número e os peques deberan colocar as que este indique.
-Escribir nas pinzas os números do 1 ao 10 e colocalas por orde nun cartón para formar a serie numérica.
-Asociar esas pinzas cos números a cartóns nos que haxa debuxados unha determinada cantidade de puntos, obxectos,...
-Os máis maiores tamén poden realizar sumas contando pinzas

cantidades juego infantilFácil y económico! Pinzas de la ropa pintadas con temperas y tiras ...
Asociar número a cantidad con pinzas y cartulinas | mely ...

jugar con números juegos niños preescolarC:\Users\User\Desktop\TREBALLS UNIVERSITAT TERESA\TICS\manualidadesmatematicas-charhadas-5.jpg






https://www.pinterest.es/pin/360639882642719677/
https://ruthmtello.blogspot.com/2019/05/6-pinzas-y-sumas-divertidas_13.html
https://aprendiendomatematicas.com/cantidades-y-pinzas-de-ropa/
https://www.sitly.es/blog/jugar-con-numeros
https://br.pinterest.com/pin/293648838206581543/

lunes, 30 de marzo de 2020

AS MATEMÁTICAS NA VIDA COTIÁ

No día a día podemos atopar un montón de momentos moi útiles para traballar contidos matemáticos.Velaquí uns exemplos e consellos.

-Polas mañás podemos mirar o calendario, rodear ou tachar o día no que nos atopamos, dicir que día da semana é, contar cantos días faltan para que remate a semana ou o mes, marcar datas sinaladas e contar os días que faltan para que cheguen...

-Se almorzamos galletas mirar a súa forma, contar cantas comemos,...

-Poñer a mesa para comer, contar cantos somos e colocar todo o preciso

-Estimar cantos cuarteiróns pode ter unha mandarina, laranxa,allo e logo contalos

-Comparar tamaños de froitas, vasos, tazas, cubertos (grande, mediano, pequeno,...)

-Mirar o reloxo para saber que hora é

-Cando facemos unha receita contar as culleradas de azucre, fariña,...

-Crear unha pequena axenda telefónica con algúns números significativos para os nenos e nenas e marcar no teléfono os números para facer unha chamada

-Se temos escaleiras na casa contar cantas subimos, baixamos. Se non temos escaleiras podemos contar os pasos que hai desde unha habitación a outra, entre a cociña e o salón,...

-Buscar números pola casa: nos envases, na matrícula do coche, no teléfono, reloxo, termómetro, cinta mética,...Tratar de identificalos, pensar para que sirven eses números,...

-Comparar o peso de diferentes obxectos da casa. Facer hipótesis de cal pesa máis, cal menos e logo comprobalo,...

-Xogar con pinzas, tapas, clasificalas por cores, contar cantas hai de cada, sumar as de unha e outra cor, poñer, quitar,...

-Hai moitos xogos de mesa que podedes aproveitar para traballar contidos matemáticos: oca, parchís, cartas,... Podedes xogar a ver quen quita o número máis alto no dado, dar tantos chimpos ou aplausos como marca o dado, coas cartas boca abaixo coller unha e ver quen ten o número máis alto,...

Para practicar o trazo da grafía dos números dunha forma divertida podedes facelo sobre azucre, sal, fariña,...Tamén podedes moldear os números con plastilina ou masa.

Página 37 | Fotos primer signo libres de regalías | PxfuelHarina | Escribiendo números

Se dispoñedes de tempo, tamén vos deixamos algunha idea sinxeliña para elaborar materiais con elementos que podedes ter pola casa e cos que os peques poden pasar un rato entretidos.

juegos legos y numeros ninosjuego legos y numeros
https://www.aprenderjuntos.cl/jugar-con-legos-patrones-numeros-y-sumas/

Cantidades y pinzas de ropa, un juego divertido para InfantilPinzas, CDs reutilizados y juegos de cartas.
Juegos matemáticos para niños con pinzas - PAPELISIMO

http://papelisimo.es/2015/02/juegos-matematicos-para-ninos-con-pinzas/