Mostrando entradas con la etiqueta SENSORIAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SENSORIAL. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de enero de 2022

ACTIVIDADE SENSORIAL CON ESPUMA DE AFEITAR

 Ola familias!

Hoxe tamén vos queremos propoñer unha actividade sensorial ben sinxeliña pero moi divertida e con moitas posibilidades.

Xogar con espuma de afeitar!

Case todos temos na casa este recurso con tantas posibilidades. Podemos poñela sobre unha superficie que se limpe facilmente ou nunha mesa cubríndoa con plástico se fose preciso.

Trátase de percibir a textura da escuma, falar sobre o que sinten cando a tocan, estendela e facer trazos, escribir ou debuxar sobre ela, ...

Na aula de 3 anos probamolo hoxe e foi moi divertido!!







miércoles, 10 de junio de 2020

ADIVIÑAR A TRAVÉS DO TACTO. A BOLSA MISTERIOSA.

A proposta de hoxe consiste en adiviñar a través do tacto cal é o obxecto que está nunha bolsa, caixiña,...

Precisaredes unha bosa que non sexa transparente (un saquiño de tela, por exemplo) ou unha caixa na que faredes un burato para poder meter a man.

Trátase de ir introducindo dentro deste saco/caixa obxectos que temos na casa e que o neno/nena , sen mirar, só tocando, adiviñe de qué obxecto se trata.

Para complicar o xogo, antes de dicir qué obxecto contén o saco/caixa, debe ir dicindo as características do mesmo: Se é duro ou brando, grande ou pequeno, liso ou rugoso, a forma que ten, o material do que pensa que está feito, se está frío ou quente,...

Esta é unha forma divertida de estimular non só o sentido do tacto, senon tamén as habilidades de pensamento e a curiosidade.
Método Montessori: Actividades para hacer en casa | Ella Hoy

miércoles, 15 de abril de 2020

UNHA PROPOSTA MOI SINXELIÑA E CON MOITAS POSIBILIDADES

Ola familias! Hoxe querémosvos facer unha proposta moi sinxeliña que pensamos que ten múltiples posibilidades. Ademais de ser moi enriquecedora a nivel sensorial, contribúe ao desenvolvemento da creatividade dos nenos e nenas e axúdalles a mellorar a súa grafomotricidade.

MATERIAL NECESARIO
-Unha caixa
-Papel do tamaño do fondo da caixa
-Cores
-Un destes elementos a elixir: Fariña, azucre, area, pan raiado, arroz...
PREPARACIÓN
-Pintar de moitas cores o papel
-Colocalo no fondo da caixa
-Cubrilo con fariña, azucre, area, pan raiado ou arroz.
-Debuxar sobre iso co propio dedo, con un pincel, un pau,...

Podedes facer debuxos ou ben trazar formas xeométricas, números, letras, escribir o nome, palabras,...
Como vedes ten múltiples posibilidades e trabállase a escritura dunha forma divertida. Animádesvos?

El sonido de la hierba al crecer: Caja sensorial para grafomotricidad
Caixa sensorial para grafomotricidade