Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de mayo de 2020

QUE COUSA COUSIÑA É?

O profe Gonzalo preparou para o alumnado de infantil unha canción ben chula Con moitas adiviñas. Leva por título Que cousa cousiña é?
Seguro que cando a escoitedes pasaredes todo o día cantándoa porque é moi pegadiza. Fixádevos tamén nos instrumentos que toca Gonzalo. Coñecedelos? Seguro que si.

Ademais fixo unha adicatoria para cada unha das clases. Así que deberedes elixir o video correspondente a cada aula.

Disfrutade da canción!!

QUE COUSA COUSIÑA É? (Con adicatoria para a aula de 3 anos)
QUE COUSA COUSIÑA É? (Con adicatoria para a aula de 3 e 4 anos)

QUE COUSA COUSIÑA É? (Con adicatoria para a aula de 5 anos)  



miércoles, 22 de abril de 2020

RADIO PICARIÑA

Radio Picariña é a primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega. Pon á disposición dos usuarios unha selección coas mil mellores cancións en lingua galega para os máis pequenos.

Ofrece a posibilidade de seleccionar a música que desexen escoitar entre todos os temas. Deste xeito, desde o reprodutor pódese navegar por toda a listaxe de cancións e elixir as que se queiran oír, desde o PC ou ben desde dispositivos móbiles.

Para acceder aos contidos de ‘Radio Picariña’, os usuarios da web só deben entrar nesta ligazón

RADIO PICARIÑA

As cancións que inclúe a nova emisora dixital están ordenadas de forma alfabética por título. Na información que se mostra ao usuario está o título da canción, o álbum ao que pertence e os autores da mesma.

Música infantil, de calidade e en galego! Que a disfrutedes!!!

Radio Picariña | Canles directos RG | CRTVG

sábado, 21 de marzo de 2020

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA

Hoxe, 21 de Marzo, celébrase o día da Poesía. Poesía e música van moitas veces da man. Así que, inspiradas polos arcos da vella que estes dias se están vendo nas fiestras de moitos fogares, imos deixar por aquí este poema musicado de Manuel María




O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín
co seu colorido.
 
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
 beleza de flores.

 O arco da vella
 no ceo chantado
 co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
 é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

 O arco da vella
 de luz feito é.
 ¡Resulta un milagre
que siga de pé!

 Manuel María: «Os soños na gaiola»