Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2020

ACTIVIDADES CON AUGA AO AIRE LIBRE

Agora que ven o bo tempo e que podemos saír, é o momento de aproveitar recursos que temos ao noso carón e que nos van a permitir vivir experiencias divertidas e enriquecedoras.
A todos nos gusta chapuzar, mollarnos,... e con este calor aínda máis. Pero lembrade que a seguridade é sempre o primeiro a ter en conta cando estamos con nenos e nenas.
Tendo isto en conta velaquí algúns xogos:

-Que flota e que non flota?
Enchemos un recipiente con auga e buscamos na casa diferentes obxectos para introducir nel: tapas, pinzas, culleres, botellas,... Antes de facelo formulamos a hipótese: Flotará este obxecto na auga? Logo comprobámolo metendoo no recipiente. Acertamos?

-Trasvase de líquidos
Trasvasar líquidos dun recipiente a outro é unha actividade moi divertida e que axuda no desenvolvemento da coordinación óculo-manual e a mellorar a motricidade.  Ademais podemos facelo máis divertido se por exemplo intentamos adiviñar...Cantos vasos podemos encher con unha botella de auga? Cantas botellas de auga fan falta para encher un caldeiro? 
Tamén podedes preparar percorridos para levar o líquido dun punto a outro do xardín por exemplo, e calcular o tempo que nos leva facelo.

-Imos de pesca
Nun recipiente colocamos varias tapas de botellas e debemos pescalas axudándonos de dous pauiños, palliñas, tenedores,... Se o recipiente é grande, tamén podemos probar a  pescar cos nosos propios pes!!

Que conseguimos con todo isto?
Ademais de pasar un bo rato, observamos, sacamos conclusións, e melloramos as nosas destrezas e coordinación. É unha forma moi divertida de continuar aprendendo!

Todos a jugar: Juegos con tapas o chapas de botellas recicladas
Imaxe: Pinterest

miércoles, 27 de mayo de 2020

MAÍS XOGOS

Para estes días tan soleados que podemos pasar tempo no xardín ou na praia recomendámosvos uns de xogos moi divertidos e que implican atención, imitación e expresión corporal.

O ROBOT ATAREFADO
-O neno/a colócase fronte a un adulto e debe facer o que lle diga: sacar a lingua, mover as cadeiras, levantar unha perna, ... As accións poden ir complicándose moito: coa man dereita tocar o xeonllo esquerdo, saltar sobre un pé,...

TODO O CONTRARIO
Un adulto dirixe o xogo. Vai dicindo accións e o neno/a ten que facer todo o contrario. Por exemplo, se di "chorar" o neno/a debe rir, se di levantarse debe sentarse, ...

O ESPELLO
É un xogo para facer en parella, un participante fronte a outro. Un debe realizar movementos que o outro ten que reproducir case simultáneamente.


SVG > étnico juegos chicas jugando - Imagen e icono gratis de SVG ...

lunes, 23 de marzo de 2020

XOGOS PSICOMOTRICES PARA FACER EN FAMILIA

O profe Jose fainos chegar unha proposta de xogos para facer en familia.  Son xogos moi sinxeliños que podedes facer na casa con un mínimo de dous participantes e cos que ademais de divertirvos e entretervos estaredes contribuíndo ao desenvolvemento motor dos nenos e nenas.
Podedes velos clicando neste enlace

XOGOS PSICOMOTRICES PARA FACER NA CASA

https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/564x/66/8e/c4/668ec4e53c99a3c5c27adea5d83a108c.jpg