Consideramos que é probable que estes días, nas vosas casas, tamén precisedes tempos nos que poder relaxarvos.
Seguramente, entre os nenos e nenas aparecerán perrenchas, angustias, polo feito de ter que estar encerrados nas casas. Tras eses momentos, e para volver a normalidade, pode ser boa idea poñer unha música tranquila, que os convide a volver a calma.
Unha idea para facer a relaxación máis divertida é poñerse por parellas e ir facendo cóxegas cos dedos ou con algo suave como unha pluma, un pompón.... nas diferentes partes do corpo.
ROSALÍA PEQUENIÑA
MIÑA DOCE AMIGA
ARROLO DE DOMAIO
ARROLO DE CUÑAS