Mostrando entradas con la etiqueta LETRASGALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRASGALEGAS. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2020

ACTIVIDADE CONXUNTA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola familias!
Acabamos de publicar o vídeo elaborado para a conmemoración das Letras Galegas coas  palabras e expresións preferidas de alumnado, profesorado e persoal non docente do colexio.
Ademais, no blog da biblioteca podedes atopar unha compilación de palabras e expresións, propias da zona de Esteiro e Muros, que son ben curiosas e divertidas.

LETRAS GALEGAS 2020. AS NOSAS PALABRAS E EXPRESIÓNS

jueves, 14 de mayo de 2020

QUEREMOS GALEGO!

Como xa sabedes, este domingo celébrase o día das Letras Galegas. Por iso nos parecen moi oportunas estas cancións en defensa da nosa lingua.
Teñen moito ritmo, así que seguro que os peques disfrutan con elas!!


E para rematar...que tal unha muiñeira? Atrevédesvos? Uxía Lambona e a súa banda molona dannos as indicacións para bailala.

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

As pitas baixo a choiva é unha das obras de Ricardo Carvalho Calero máis axeitadas para público infantil.
Neste vídeo tedes unha adaptación feita polo profesorado do CEIP Vilaverde- Mourente, para que sexa máis asequible ao alumnado de infantil

E se vos apetece cantar, aquí tedes varias cancións de "As pitas baixo a choiva". Son catro cancións creadas para ambientar a representación dramática desta obra. Agardamos que vos gusten!!




https://aspitasbaixoachoiva.bandcamp.com/album/as-pitas-baixo-a-choiva

OS BOLECHAS. CARVALHO CALERO

A editorial Bolanda acaba de publicar  o libro: Os Bolechas. Carbalho Calero.
Con el, os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.
Podedes acceder ao libro clicando nesta ligazón


Calaméo - Bolechas Libro Carvalho Calero

miércoles, 13 de mayo de 2020

EN GALEGO...MEU O MUNDO É!

A canción "Meu o mundo é!", conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego! "En galego falo, en galego sinto, en galego canto, sabes que non minto. En galego todo podo facer, en galego estou no mundo... Meu o mundo é! En galego leo, en galego escribo, en galego bailo, sabes que non minto. En galego todo podo facer, en galego estou no mundo... Meu o mundo é!"



martes, 12 de mayo de 2020

PROPOSTA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para o Día das Letras Galegas os equipos de Biblioteca e Dinamización da lingua galega fannos unha proposta sinxelina na que podemos participar todo o cole.

AMOR POLAS PALABRAS. UNHA PROPOSTA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Consiste en escoller unha palabra ou expresión galega que nos guste, a poder ser, típica da zona. A escribades en un folio e a decoredes: con ceras, rotuladores, un debuxo,...e nos enviedes unha foto, na que pode aparecer sólo a palabra ou os nenos/a suxeitando o cartel. A palabra debe verse ben e poder lerse. Como sempre podedes enviar as fotografías ao correo das aulas de infantil, ao blog da biblioteca ou directamente ás titoras.
Debedes facelo antes do luns día 18. Logo crearemos un vídeo ou presentación con todas as imaxes.

Ademais deixámosvos unha ligazón a unha actividade interactiva sobre o autor homenaxeado este ano. Ricardo Carballo Calero.

RICARDO CARBALLO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020
Nestas ligazóns tamén podedes atopar material para imprimir apropiado para cada idade.

ACTIVIDADES 4º_ED_INFANTIL.pdf
ACTIVIDADES_5º_ED_INFANTIL.pdf
ACTIVIDADES_6º_ED_INFANTIL.pdf