Mostrando entradas con la etiqueta PSICOMOTRICIDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PSICOMOTRICIDADE. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

ENREDOS CON CALCETÍNS

Estes días parece que a chuvia volverá estar presente, polo que teremos que pasar máis tempo na casa. Tendo en conta itso, a proposta que vos presentamos hoxe pretende que vos divirtades, ao tempo que os nenos e nenas adquiren novos aprendizaxes, empregando un material moi sinxelo e común: Os calcetíns!

-Estimar e contar calcetíns:
Facer un montón con calcetíns e estimar cantos pode haber. Logo comprobalo contando

-Emparellar calcetíns:
Facer un montón  cos calcetíns da casa e buscar a parella de cada calcetín. Ensinarlles a doblalos e meter un dentro doutro. Deste xeito, ademais de traballar a discriminación visua,l estamos  axudando a mellorar a motricidade fina.

-Calcetíns multiusos:
Esta actividae consiste en poñer en marcha a creatividade e pensar en posibles usos que poden ter os calcetíns a maiores do habitual: Poden convertirse en unha corbata, un lazo para o pelo, unha bufanda...

-Pelota de calcetíns:
Elaborar unha pelota con calcetíns e xogar con ela: Pasárnola de uns a outros e ao que lle caia das mans perde un punto; elixir un obxecto a modo de diana para derribar ou tocar lanzando o calcetín; usala como balón de fútbol e intentar meter un gol nunha portería improvisada, que poden ser as patas dunha silla, por exemplo.
Con estes xogos melloramos as habilidades motrices dos nenos e nenas. Algo fundamental nestas idades.

-Títere de calcetín:
Confecionar un títere a partir dun calcetín é unha actividade moi divertida coa que se desenvolve a creatividade. Podemos coser ou pegar uns botóns a modo de ollos, anacos de la como se fose o pelo,... Buscaremos un nome para o títere e podemos xogar con el a representar diferentes situacións. Animádesvos? Podedes enviarnos fotos do títere que confecionedes en familia.

Calcetines, Lana, Tejer, Hilo, Afición, Cálido

viernes, 29 de mayo de 2020

ACTIVIDADES CON AUGA AO AIRE LIBRE

Agora que ven o bo tempo e que podemos saír, é o momento de aproveitar recursos que temos ao noso carón e que nos van a permitir vivir experiencias divertidas e enriquecedoras.
A todos nos gusta chapuzar, mollarnos,... e con este calor aínda máis. Pero lembrade que a seguridade é sempre o primeiro a ter en conta cando estamos con nenos e nenas.
Tendo isto en conta velaquí algúns xogos:

-Que flota e que non flota?
Enchemos un recipiente con auga e buscamos na casa diferentes obxectos para introducir nel: tapas, pinzas, culleres, botellas,... Antes de facelo formulamos a hipótese: Flotará este obxecto na auga? Logo comprobámolo metendoo no recipiente. Acertamos?

-Trasvase de líquidos
Trasvasar líquidos dun recipiente a outro é unha actividade moi divertida e que axuda no desenvolvemento da coordinación óculo-manual e a mellorar a motricidade.  Ademais podemos facelo máis divertido se por exemplo intentamos adiviñar...Cantos vasos podemos encher con unha botella de auga? Cantas botellas de auga fan falta para encher un caldeiro? 
Tamén podedes preparar percorridos para levar o líquido dun punto a outro do xardín por exemplo, e calcular o tempo que nos leva facelo.

-Imos de pesca
Nun recipiente colocamos varias tapas de botellas e debemos pescalas axudándonos de dous pauiños, palliñas, tenedores,... Se o recipiente é grande, tamén podemos probar a  pescar cos nosos propios pes!!

Que conseguimos con todo isto?
Ademais de pasar un bo rato, observamos, sacamos conclusións, e melloramos as nosas destrezas e coordinación. É unha forma moi divertida de continuar aprendendo!

Todos a jugar: Juegos con tapas o chapas de botellas recicladas
Imaxe: Pinterest

domingo, 24 de mayo de 2020

CONTO MOTOR. OS TRES PORQUIÑOS

Para esta semana, o profe Jose proponnos un conto motor que aos nenos e nenas lles gusta moito, e que xa teñen feito nas clases de psicomotricidade. "O dos tres porquiños".
Trátase de ir representando o conto ao tempo que se vai contando.
Neste PDF tedes todas as instrucións.
CONTO MOTOR. OS TRES PORQUIÑOS

Cerdos, Tres, Pequeños, Lechón, Cerdito

lunes, 18 de mayo de 2020

XOGOS TRADICIONAIS CON JOSE

O profe Jose preparou un vídeo no que propón varios enredos e xogos tradicionais que se poden facer con materiais que temos pola casa. Moitos deles son apropiados para os nenos e nenas da etapa de infantil: Bolos, xogo da rá, arrastrar o morto,...
Seguro que pasades moi bos momentos en familia lembrando estes xogos que todos fixéchedes de pequenos e aos que xa xogaban avós e avoas.

PROPOSTA XOGOS TRADICIONAIS

lunes, 27 de abril de 2020

PROPOSTA DE PSICOMOTRICIDADE

Juego, Diversión, Jugar, Ganador, Niño, JugadorJose preparou unha proposta de psicomotricidade para esta semana. Pero fixoo dun xeito moi especial. A través dun pequeno vídeo ao que podedes acceder facendo click nesta ligazón.

PROPOSTA DE PSICOMOTRICIDADE DO PROFE JOSE

Estamos convencidas de que vos gustará moito velo e facer a actividade que vos propón.

viernes, 17 de abril de 2020

NOVOS XOGOS PSICOMOTRICES

Personas, La Vida, Estilo De VidaJose fainos chegar unha nova proposta de xogos psicomotrices para facer en familia. Son moi sinxeliños e só precisades unha corda e unha vasoira ou un pau.  Animádesvos?
Podedes acceder a eles clicando nesta ligazón.

XOGOS PSICOMOTRICES PARA FACER NA CASA

miércoles, 25 de marzo de 2020

UNA PROPOSTA PARA O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O profe Jose, fainos chegar esta proposta:
O día 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde. Este ano, máis que nunca, pensamos que a práctica de actividade física cobra un papel importante para poder manter unha mente positiva nesta situación que nos tocou vivir. Por esta razón, propoñemos o seguinte retotanto para alumnado, como para familias e profesorado
Fai actividade física na casa (en solitario ou en compañía).
Saca unha foto e mándaa ao enderezo de correo electrónico
Podes acompañala dunha mensaxe positiva para compartir co resto do cole.
Todas as fotos recibidas subiranse ao blog:
Animádevos!!

Que dicides? Animádesvos a participar?  No blog xa podedes ver as fotos de moitos dos compañeiros de primaria e tamén de algún de infantil, como Valeria. Nos hoxe tamén recibimos fotos de Daniela e da profe Sela facendo exercicio que publicamos para animarvos a que fagades o mesmo!



lunes, 23 de marzo de 2020

XOGOS PSICOMOTRICES PARA FACER EN FAMILIA

O profe Jose fainos chegar unha proposta de xogos para facer en familia.  Son xogos moi sinxeliños que podedes facer na casa con un mínimo de dous participantes e cos que ademais de divertirvos e entretervos estaredes contribuíndo ao desenvolvemento motor dos nenos e nenas.
Podedes velos clicando neste enlace

XOGOS PSICOMOTRICES PARA FACER NA CASA

https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/564x/66/8e/c4/668ec4e53c99a3c5c27adea5d83a108c.jpg