Mostrando entradas con la etiqueta TEXTOS ESCRITOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TEXTOS ESCRITOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de abril de 2020

PARA XOGAR A CREAR CONTOS

Como vos dicíamos na publicación anterior, nesta entrada imos a ofrecervos varias posibilidades de xogo que vos poden axudar na creación dos vosos contos.

-Partir dunha imaxe motivadora para crear a historia
Que vos parecen estas? Cal vos gusta? Poderiades crear un conto a partir dela?

(Imaxe: aulaplaneta.com)

Empregar un dado para crear historias
Cos dados para contar historias podemos facer distintas actividades e son de gran axuda para que os nenos e nenas poidan inventar contos:
-Os dados poden ser de ditintas categorias (personaxe, lugar e obxecto) e para crear a historia podedes utilizar unha soa categoría (só un personaxe, un obxecto, o un lugar).
-Utilizar dous, por exemplo un lugar e un personaxe, ou un personaxe e un obxecto.
-Inventar contos con obxectos, aos que se lles dota de vida, ou contar a vida dese obxecto....
Aquí deixamos unha ligazón para que poidades imprimir eses dados.
Se non dispoñedes de impresora non vos preocupedes, porque podedes facer a mesma actividade cuns papeliños nos que escribades a palabra ou debuxedes o elemento, metelos nun saquiño, quitar unha ou dúas tarxetas sen mirar e crear a historia a partir desas palabras ou imaxes.
Incluso, en lugar de papeliños, podedes facelo con pedriñas sobre as que escribades a palabra ou debuxedes algo.

cuentapiedrasimage1 - copia (2)

https://elauladejanire.wordpress.com/2015/04/01/ideas-para-el-aula-piedras-para-contar-historias/
Se tedes dúbidas sobre como facelo podedes deixarnos algún comentario ou escribirnos ao correo.

CÓNTAME UN CONTO...

Bos días!
Todos os anos no noso cole se convoca o certame de contos Mestre Agrelo e se convida ao alumnado a que cree o seu propio conto.
Desta vez, debido á excepcional situación que estamos a vivir, esta convocatoria faise inviable. Non obstante, desde o equipo de biblioteca convídase a que os nenos e nenas escriban os seus contos para publicalos no blog.

Nas aulas de infantil tamén se traballa este tipo de texto, e neste terceiro trimestre estaba previsto facelo a través da creación de contos individuais ou conxuntos na aula.
Por iso queremos darvos uns consellos para que poidades crear os vosos propios contos na casa. Lembrade que o autor do conto non ten por que ser o escribinte, así que os peques poden inventar a historia e os adultos podedes encargarvos de escribila.

Antes de comezar podemos analizar algún conto coñecido, porque pode servirnos de modelo para crear o noso conto.
-Como comeza?
-Quen é o protagonista?
-Donde acontece?
-Que lle ocorre?
-Como se soluciona?
-Como remata?

Os contos adoitan ter fórmulas fixas de inicio ou final que podedes empregar:
-Había unha vez
-Nos tempos de María Castaña
-Nun lugar moi lonxano

-E colorín colorado este conto está rematado
-E foron felices e comeron perdices
-E como di Fermín, este conto chegou ao seu fin
-E os contos lévaos o vento

Nun conto hai tres partes ben diferenciadas:
Introdución: Sitúase a acción nun lugar e tempo e aparecen algúns personaxes.
Nó: Sucede algo ou plantéxase un problema que hai que resolver.
Desenlace: Resólvese o problema. Os contos case sempre teñen un final feliz, pero non ten por que ser así.


Lembrade que os contos, e sobre todo os que inventan os nenos e nenas de infantil poden ser moi curtiños e moi disparatados. Para axudar a crear a trama do conto podedes comezar por escoller un personaxe protagonista, preguntarvos qué lle pasa, cal é o seu problema e cómo pode solucionalo ou quen lle axuda.

Animádesvos a escribir os vosos contos e enviárnolos?
Podedes facelo a través dunha foto, dun video lendo o voso conto, dun documento de word ou pdf,...e enviarllo a cada titora ou ao noso correo electrónico.

E...por se vos falla a inspiración, na seguinte publicación que fagamos imos darvos ideas para xogar a compoñer contos

LAPICERO MÁGICO: Escribir y leer cuentos