A profe Raquel, empregando a técnica do Stop Motion, cóntanos "Por catro esquiniñas de nada". Un conto moi especial sobre a diversidade e a necesidade de aceptarnos tal e como somos. A igualdade non consiste en que todos sexamos iguais nin nos traten a todos por igual, senón que a sociedade debe adaptarse ás peculiaridades de cada individuo para que se produza unha plena inclusión. Este conto transmite esa mensaxe dunha forma moi sinxeliña aos máis peques.
Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, o alumnado de 5º de primaria preparou este vídeo a partir do conto "Rana de tres ojos", de Olga de Dios.
Queren compartilo con todo o alumnado de infantil, xa que o fixeron con moito cariño para vós.
Hoxe, un cociñeiro moi especial, traenos a receita para facer a mellor sopa do mundo!!
A que agardades para ver o vídeo? Facede click nesta ligazón e tomade nota!
O alumnado de 5º curso de Primaria e a súa mestra Carmela, pensando no alumnado de infantil, versionaron o conto "Unha eiruga moi larpeira" de Eric Carle, e prepararon este pequeno vídeo. A partir del podemos repasar os números, os días da semana, vocabulario relacionado con alimentos, e sobre todo falar da importancia dunha alimentación saudable.
Agardan que vos guste
O certo é que os vermes de seda son uns comellóns. Mirade canto medraron os que está coidando a profe Raquel. Fártanse de comer moreira, e cada vez son máis grandes. Estamos ansiosas porque comecen a tecer o seu casulo, pero aínda temos que agardar un pouquiño máis.
A profe Canucha cóntanos este conto tan especial sobre as cores. Titúlase Pequeno azul e pequeno amarelo
Despois de escoitalo...que vos parece si creades o voso pequeno verde? Podedes facelo mesturando plastilina azul e amarela. Pero tamén o podedes facer con pinturas, ceras ou lápises de cores. Animádesvos?
Para repasar as cores, sobre todo cos máis peques, e ao mesmo tempo traballar contidos matemáticos, vocabulario, atención e discriminación visual, traémosvos varias propostas
-Buscar as cores: Dicir nomes de cores e buscar na casa elementos que sexan desa cor
-Clasificar por cores: Coller obxectos da casa (pinzas, botóns, tapas, ...) e clasificalos por cores. Contar cantos hai de cada
-Xogar ao vexo vexo coas cores: Trátase de adiviñar un obxecto que estamos vendo e que é dunha determinada cor
-Mesturar cores: Se temos pinturas na casa ou plastilina de cores, facer mesturas para observar as cores resultantes
-Recortes de cores: Recortar obxectos de revistas ou facer anaquiños de diferentes cores e pegar os da mesma cor todos xuntos
Relacionado coas cores, Raquel cóntanos este conto que leva por título Crocodilo
E aquí podedes escoitar un par de cancións sobre as cores
Hoxe, a profe Canucha cóntanos o conto Gato Guille e os monstros. É un conto que trata o tema dos medos dunha forma moi divertida e con un final feliz e reconfortante.
Algunhas das actividades que podedes facer a partir do conto son:
-Falar sobre os seus medos, que cousas os asustan?
-No conto menciónanse diferentes partes da casa. Cales son? Que hai en cada unha? Deste xeito traballamos ese vocabulario.
-Debuxar a nosa casa e a nosa familia
-Gato e Guille comezan pola letra G, que outras palabras coñecemos que comecen por esa letra? Podemos trazar a letra G, compoñela con diferentes materiais, escribir un listado de palabras con esa letra,...
Ademais, na web atopamos varios recursos que, si o vedes oportuno, podedes imprimir e cos que podedes crear un títere do Gato Guille ao que podedes vestir.
A partir do conto tamén podedes facer varias actividades:
-Contar ata sete, que foron as raias que perdeu Camila.
-Contar desde o sete cara atrás
-Debuxar a Camila e aos outros personaxes do conto
-Fixarse en que Cebra e Camila comezan pola letra C, pero o son que fai nesas palabras é diferente.
E tamén podedes imprimir algunha destas actividades.
Esta mañá o profe Jose, na súa casa, recibiu un paquete moi especial.
Queredes saber o seu contido?
Pois tedes que clicar nesta ligazón para descubrilo!!
O conto do Polo Pepe sempre é un éxito cos nenos e nenas de infantil. Como é un libro moi sinxeliño e con uns pop-ups moi chamativos, adoitamos empregalo durante o período de adaptación, pero debido ao interese que esperta neles, calquera momento é bo para contalo, e disfrutan con el tanto os máis pequenos coma os máis grandes. Ademais, a canción que acompaña este conto é moi divertida e gústalles moito.
Por iso, hoxe, Raquel cóntanos o conto do Polo Pepe.
E aquí deixámosvos a canción desta historia
Escoitáchedes ben a canción? Recoñecedes algún dos instrumentos que soa? Un deles é o triángulo. Que tal se buscades cousiñas na casa que teñan esa forma?
E agora...animádesvos a escribir o título do conto e a debuxar ao polo Pepe e á súa mama? Se queredes podedes enviarnos os vosos debuxos.