Mostrando entradas con la etiqueta LECTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LECTURA. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de junio de 2020

ABECEDARIOS

A proposta que vos traemos hoxe consiste na creación dun abecedario natural e dámosvos varias opcións.

Con pedriñas:
Coas pedriñas que hai na praia ou no río podemos crear un abecedario ben xeitoso, trazando con pintura ou rotulador permanente as letras sobre elas. Se aplicamos unha capa de barniz trasparente por riba terán un acabado máis brillante e duradeiro.
Logo podemos xogar a compoñer palabras, localizar as letras que ten o noso nome, as iniciais dos compañeiros,...

14 actividades y juegos con piedras pintadas – Tierra en las manos

Con cunchas:
Podemos facer o mesmo empregando cunchas que atopemos na praia
▷ Manualidades con Saturna: crea un juego de lectoescritura para ...
Para o alumnado da aula de 5 anos,  nesta ligazón tedes unha proposta para traballar a lecto-escritura con cunchas
https://ladiversiva.com/manualidades-saturna-crea-juego-lectoescritura-ninos

Creación de letras con follas, pauiños,...


Nesta ligazón atoparedes múltiples ideas e actividades de lecto-escritura para todas as idades empregando materiais naturais
http://lluviadeideasyrecursos.blogspot.com/2015/05/recursos-actividades-lectoescritura-infantil-primavera-naturaleza.html

Por último, achegámosvos unha canción coa que recordar as letras do abecedario en galego


jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de Abril, celébrase o Día Mundial do libro, co obxectivo de fomentar a lectura.

Os libros son máxicos, con eles poden vivirse miles de aventuras. Xa o di Migallas na súa canción "O libro máxico", que podedes escoitar nesta ligazón.


Cal é o voso libro preferido? Nos temos moitos!! Cocorico, Lobo Feroz, Corre corre cabaciña, Os tres porquiños,... E nestes días que estamos na casa estamos a ler moitísimo e buscando novas historias que poder contar cando volvamos á escola.

Cando lemos un libro, si este é longo, sonnos moi útiles os marcapáxinas. Animádesvos a facer un nas vosas casas? Aquí vos van algunhas ideas, desde un de cartón ou cartulina decorados cos vosos debuxos a outros máis elaborados.

5 marcapáginas originales | Separadores de libros originales ...Marcapáginas de primavera | El Blog de Bombones
Cómo hacer marcapáginas para niños - YouTube5 marcapáginas originales | Separadores de libros originales ...


E xa que é o día do Libro... Que vos parece si xogamos con esa palabra? E coa letra L?
L de LIBRO
L de LEO
L de LEDICIA

Podemos facer a letra L en diferentes materiais: con paus, botóns, pinzas,...
Pensar nomes de persoa que comecen pola letra L
Temos algún compañeiro na clase que empece ou teña a letra L? E na familia?

Hai un libro que a nós nos encanta, moi sinxeliño, cargado de  letras L, e ademais ten canción!!! Lúa!
Agardamos que disfrutedes con el


lunes, 20 de abril de 2020

E TI...POR QUE LES?

Desde o equipo de biblioteca fannos esta proposta.

O 23 de Abril celébrase o día do Libro. Para conmemorar esta data pensamos nalgunha actividade sinxeliña na que poidades participar desde as vosas casas.

Probablemente, nesta época de confinamento, os libros son bos aliados porque nos axudan a evadirnos da realidade na que nos atopamos e grazas a eles podemos viaxar sen movernos da casa. Pero son moitos os motivos que nos poden levar a abrir un libro. Por iso pensamos en lanzarvos a pregunta: E ti, por que les?

Para participar nesta proposta só tedes que enviarnos unha foto lendo no voso recuncho preferido ou co libro que máis vos gusta ao correo da biblio: bibliomestreagrelo@gmail.com. No texto da mensaxe deberedes escribir un ou varios dos motivos polos que ledes.


Cos peques de infantil estamos convencidos de os momentos de lectura compartidos en familia son moi enriquecedores. Ademais disfrutan un  montón ollando os libros.
Animádesvos a mandarnos as vosas fotos lendo? Agardamos con ansia as vosas mensaxes!

As fotos publicaranse no blog na da biblioteca
www.bibliotecamestreagrelo.wordpress.com
Le livre dans tous ses états - Le Guide Culturel

martes, 31 de marzo de 2020

GALICIA LE

Ola familias!
Para levar o mellor posible estes días de confinamento traémosvos unha boa nova!
A Xunta facilita as condicións de acceso á plataforma GaliciaLe, que ofrece máis de 4.500 títulos de libros, revistas o películas.
O catálogo de préstamos electrónicos, que só estaba operativo para os usuarios das bibliotecas públicas, ábrese agora a toda a poboación e de xeito gratuíto.
A través deste servizo pódense descargar e visionar obras en formato dixital de diversas temáticas, para todos os públicos e en ata oito idiomas
A medida enmárcase na campaña #aculturasegue que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha para achegar unha oferta de lecer cultural aos fogares.
Para facilitar o acceso a esta plataforma só é necesario rexistrarse mediante o formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe. Tras cubrir o formulario, o usuario recibirá no seu enderezo electrónico as claves para acceder a plataforma. Cando remate o estado de alarma, os usuarios disporán dun período de 30 días para e recoller o seu carné e seguir gozando das vantaxes da rede de bibliotecas públicas de Galicia e desta plataforma.