martes, 31 de marzo de 2020

UNHA PROPOSTA DE CARRILANAS ESTEIRO

Os nosos amigos de Carrilanas Esteiro, queren mudar a ubicación do Espazo Infantil Raio de forma temporal ás vosas casas. Para iso, convídanvos a que participedes cos peques a “Pintar Coma Luis Davila” . Dándolle cor en familia aos cartaces do Gran Prix de Carrilanas dos anos 2019 e 2018, e así facer un pouco máis divertida esta parada en boxes.

Animádesvos?

Aquí vos deixamos o enlace para descargar os debuxos
PINTA COMA LUÍS DAVILA

La imagen puede contener: dibujoLa imagen puede contener: dibujo y texto


GALICIA LE

Ola familias!
Para levar o mellor posible estes días de confinamento traémosvos unha boa nova!
A Xunta facilita as condicións de acceso á plataforma GaliciaLe, que ofrece máis de 4.500 títulos de libros, revistas o películas.
O catálogo de préstamos electrónicos, que só estaba operativo para os usuarios das bibliotecas públicas, ábrese agora a toda a poboación e de xeito gratuíto.
A través deste servizo pódense descargar e visionar obras en formato dixital de diversas temáticas, para todos os públicos e en ata oito idiomas
A medida enmárcase na campaña #aculturasegue que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha para achegar unha oferta de lecer cultural aos fogares.
Para facilitar o acceso a esta plataforma só é necesario rexistrarse mediante o formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe. Tras cubrir o formulario, o usuario recibirá no seu enderezo electrónico as claves para acceder a plataforma. Cando remate o estado de alarma, os usuarios disporán dun período de 30 días para e recoller o seu carné e seguir gozando das vantaxes da rede de bibliotecas públicas de Galicia e desta plataforma.

COMPARTINDO MOMENTOS II

Ao noso correo siguen chegando novas fotos coas que nos contades como estades a pasar estes días.
Mil grazas, familias, por compartilas con nós.

Como vedes, Martín segue a colaborar nas tarefas da casa. Eso venlle xenial para adquirir unha maior autonomía.

Yaiza envíanos unha foto ao carón dunha árbore. Sabedes de cal se trata?
 Candela está a pasalo xenial co seu irmá Carlos, e encántalle saltar na cama elástica.

Valeria amósanos algunhas manualidades que estivo a facer estes días: animaliños con cunchas e peixiños con abalorios aos que lle puxo nome (Arco da vella e Rudolf). Tamén probou a plastilina caseira. Ademais pinta, canta, le, escribe, fai contas, xoga moito e , por suposto, colabora nas tarefas da casa. O que máis lle gusta é lavar a louza como podedes ver.




Rita tamén nos envía algunhas fotos. Dinos que se entretén xogando, debuxando, bailando,...na súa casa ata organizaron unha festa "dominguera". Tamén se animou coa plasti e todos os días ás 8 da tarde sae a aplaudir e lanzar pompas pola súa ventá. Contanos que escoita a Valeria e a Antón desde os seus edificios e que iso lle fai moita ilusión.

Mirade que ben o pasa!!

Julia enviounos varias fotografías para que vexamos o que está a facer estes días. Animouse con algunha das manualidades que propoñemos no blog, e outras que ela mesma inventa.  Aproveita o bo tempo para tomar  o soliño e comparte moitos momentos coa súa irmá Emma e a mascota que teñen na casa.





Sara tamén nos envía unhas fotos para ensinarnos canto está a traballar estes días


Nahia estase a convertir nunha fantástica reposteira, ollade que pastel máis rico preparou. Tamén  nos envía un video dos pitiños de Marcial aos que lle leva de comer.


Agradecemos moitísimo que nos fagades chegar as vosas imaxes, xa que estamos segurísimas de que aos vosos compañeiros e compañeiras lles encantará saber de vos!

lunes, 30 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE PARA ESTA SEMANA

A profe Ángela xa colgou as súas propostas para esta semana.
Para que vos resulte máis sinxelo acceder a elas aquí vos deixamos o enlace


PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL

AS MATEMÁTICAS NA VIDA COTIÁ

No día a día podemos atopar un montón de momentos moi útiles para traballar contidos matemáticos.Velaquí uns exemplos e consellos.

-Polas mañás podemos mirar o calendario, rodear ou tachar o día no que nos atopamos, dicir que día da semana é, contar cantos días faltan para que remate a semana ou o mes, marcar datas sinaladas e contar os días que faltan para que cheguen...

-Se almorzamos galletas mirar a súa forma, contar cantas comemos,...

-Poñer a mesa para comer, contar cantos somos e colocar todo o preciso

-Estimar cantos cuarteiróns pode ter unha mandarina, laranxa,allo e logo contalos

-Comparar tamaños de froitas, vasos, tazas, cubertos (grande, mediano, pequeno,...)

-Mirar o reloxo para saber que hora é

-Cando facemos unha receita contar as culleradas de azucre, fariña,...

-Crear unha pequena axenda telefónica con algúns números significativos para os nenos e nenas e marcar no teléfono os números para facer unha chamada

-Se temos escaleiras na casa contar cantas subimos, baixamos. Se non temos escaleiras podemos contar os pasos que hai desde unha habitación a outra, entre a cociña e o salón,...

-Buscar números pola casa: nos envases, na matrícula do coche, no teléfono, reloxo, termómetro, cinta mética,...Tratar de identificalos, pensar para que sirven eses números,...

-Comparar o peso de diferentes obxectos da casa. Facer hipótesis de cal pesa máis, cal menos e logo comprobalo,...

-Xogar con pinzas, tapas, clasificalas por cores, contar cantas hai de cada, sumar as de unha e outra cor, poñer, quitar,...

-Hai moitos xogos de mesa que podedes aproveitar para traballar contidos matemáticos: oca, parchís, cartas,... Podedes xogar a ver quen quita o número máis alto no dado, dar tantos chimpos ou aplausos como marca o dado, coas cartas boca abaixo coller unha e ver quen ten o número máis alto,...

Para practicar o trazo da grafía dos números dunha forma divertida podedes facelo sobre azucre, sal, fariña,...Tamén podedes moldear os números con plastilina ou masa.

Página 37 | Fotos primer signo libres de regalías | PxfuelHarina | Escribiendo números

Se dispoñedes de tempo, tamén vos deixamos algunha idea sinxeliña para elaborar materiais con elementos que podedes ter pola casa e cos que os peques poden pasar un rato entretidos.

juegos legos y numeros ninosjuego legos y numeros
https://www.aprenderjuntos.cl/jugar-con-legos-patrones-numeros-y-sumas/

Cantidades y pinzas de ropa, un juego divertido para InfantilPinzas, CDs reutilizados y juegos de cartas.
Juegos matemáticos para niños con pinzas - PAPELISIMO

http://papelisimo.es/2015/02/juegos-matematicos-para-ninos-con-pinzas/

domingo, 29 de marzo de 2020

A NOSA HORTA

En todos estes días que non puidemos ir ao cole, as mestras preguntámonos... Como estará a nosa horta?
Antes de rematar as clases plantamos patatas, allos, cebolas, chícharos, plantas,...
Esta semana a profe Canucha tivo que ir ao cole e aproveitou para facerlle unhas fotos e mostrarnos a todos como está. Polo momento as patatas non naceron, pero si os bulbos que nos trouxo a profe Eva e tamén medraron os carballos.

Carballos

Bulbos


 Cebolas
Seguiremos informando de cómo evoluciona a plantación.

Relacionado co traballo da horta e tamén co crecemento das plantas, a profe Sela ocurréuselle recomendarvos o conto de "Juan y las habichuelas mágicas"


Tamén vos recomendamos a seguinte canción "A horta de Balbina"



sábado, 28 de marzo de 2020

COMPARTINDO MOMENTOS I

Ola familias!
Fai uns días, pedíamos a vosa colaboración para manter aos nenos e nenas en contacto e que soubesen dos seus compañeiros. Por iso vos animamos a enviarnos fotos das actividades que estades facendo nos vosos fogares. Velaquí as primeiras:

Valeria amósanos cómo fixo plastilina caseira coa receita do noso blog!!














 Julia e Carmen non paran en todo o día. Entretéñense moito cos seus xoguetes, pero tamén axudan na cociña, fan zumba, e por suposto, len un conto antes de irse a durmir


 
 


 Martín tampouco se aburre porque está a traballar duramente estes días. Axuda moito na casa, pero tamén aproveita a merenda para repoñer enerxía, e non lle falta tempo para ver os vídeos en Inglés da profe Mari, nin para poñerse guapo!