domingo, 20 de febrero de 2022

CHEGA O ENTROIDO

 Chega o entroido e con el os mandadiños da mascota da nosa biblioteca, Miguiña.

Desta vez as súas peticións están relacionadas co proxecto anual sobre o camiño de Santiago.

O alumnado de cuarto curso de primaria estivo en Radio Laretas para contarnos cales serían e cómo imos celebrar estas datas na escola.

Podedes escoitalos nesta ligazón

https://go.ivoox.com/rf/82234420

Para comezar...O luns, tanto se chove, como si o sol quenta. que non se che esqueza traer algo na túa cabeza!!





lunes, 14 de febrero de 2022

CANCIÓNS PARA CELEBRAR O AMOR

 Hoxe, 14 de Febeiro, celébrase o día do amor e a amizade. E que mellor maneira de facelo que cantando e bailando. Velaquí  un par de cancións xeitosas para esta data.





sábado, 5 de febrero de 2022

TRAZOS E GOMETS

Os gomets son un recurso que lle encantan aos nenos e nenas de infantil e que ten moitas posibilidades para realizar actividades de grafomotricidade.

Velaquí uns exemplos

Pegar gomets sobre trazos marcados nun papel



Rodear gomets


Empregalos como punto de partida para realizar trazos verticais


Trazar camiños bordeando as pegatinas


Seguro que na casa se vos ocurren moitas máis posibilidades!!

RECORTAR

Recortar é unha actividade moi beneficiosa que podedes levar a cabo na casa cunhas tesoiras adecuadas para o alumnado de infantil

Recortar axuda a desenvolver os músculos da man, polo que  contribúe ao desenvolvemento da motricidade fina, a coordinación óculo-manual  e a mellorar e dominar destrezas manuais. Isto  tamén repercutirá positivamente na posterior adquisición dos procesos de escritura.

Ademais o proceso de recortado e creación libre cos recortes, axuda ao desenvolvemento da creatividade.

Cos nenos e nenas de menor idade pódensele dar tiras de papel para que vaian recortando en cadradiños, posteriormente poderán recortar eles mesmos as tiras e finalmente serán capaces de adaptarse aos trazos que marquemos sobre o papel.




OS TRES OSOS

O número 3 adoita estar presente en moitos dos contos clásicos. Un deles é o dos 3 osos. Esta historia adoita encantarlle aos máis pequenos polo seu carácter repetitivo. Ademáis é ideal para traballar conceptos relacionados cos tamaños e, por suposto, valores como o respecto.
Na aula de 3 anos foi un dos contos que se leu esta semana. Tamén se visionou esta animación realizada por OQO Films a partir do mesmo.
Agardamos que a poidades disfrutar en familia!




miércoles, 2 de febrero de 2022

2 DE FEBREIRO. DÍA DA CANDELORIA

O 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria, ou Festa da Luz. É unha das festas do ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno e que prepara a inminente chegada da primavera e, con ela, o renacer da natureza.

Esta data sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer primavera.

En Galicia, este día tamén se considera a festa do amor, xa que segundo a a crenza popular, é cando casan os paxariños nas árbores.

O noso refraneiro popular lembra que:

-A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.

A Candeloria tamén serve para anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera:

-Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora

-Pola Candeloria metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra.

-Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra. Se ri, o inverno quere vir.

-Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.






miércoles, 26 de enero de 2022

ACTIVIDADE SENSORIAL CON ESPUMA DE AFEITAR

 Ola familias!

Hoxe tamén vos queremos propoñer unha actividade sensorial ben sinxeliña pero moi divertida e con moitas posibilidades.

Xogar con espuma de afeitar!

Case todos temos na casa este recurso con tantas posibilidades. Podemos poñela sobre unha superficie que se limpe facilmente ou nunha mesa cubríndoa con plástico se fose preciso.

Trátase de percibir a textura da escuma, falar sobre o que sinten cando a tocan, estendela e facer trazos, escribir ou debuxar sobre ela, ...

Na aula de 3 anos probamolo hoxe e foi moi divertido!!







CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ

 Con motivo da conmemoración do día da Paz estas serán algunhas das cancións que escoitaremos estes días na aula. Agardamos que as disfrutedes tamén nas vosas casas









martes, 25 de enero de 2022

CANCIÓN: A MELLOR SOPA DO MUNDO

Sabiades que a partir  do conto do que vos falamos onte "A mellor sopa do mundo" se creou unha canción?

É moi divertida e con moito ritmo.

Podedes escoitala neste enlace 


  

lunes, 24 de enero de 2022

A MELLOR SOPA DO MUNDO

 Esta semana conmemórase o Día Escolar da Paz e a non violencia. Por iso, unha das lecturas escollidas para estes días é o conto "A mellor sopa do mundo"



martes, 18 de enero de 2022

¡BUEN CAMINO, CELESTINO!

 Un dos libros que empregaremos para motivar o desenvolvemento do proxecto anual na aula é o que leva por título "Buen Camino, Celestino", da editorial Miau.

É un libro cheo de rimas que nos conta a historia de Celestino, un pingüín que quere facer o Camiño de Santiago e comeza a súa viaxe feliz e lixeiro, pero os seus amigos acaban enchéndolle a mochila de "por se acasos" cos que non pode cargar. 



lunes, 17 de enero de 2022

PROXECTO ANUAL. UN CAMIÑO DE AUGA E SAL

 Este curso, o proxecto anual do centro está relacionado co camiño de Santiago. En concreto, coa nova ruta que parte de Muros.

Ademais de vestir a Miguiña, a nosa mascota da biblioteca, de peregrina e realizar unha actividade motivadora na praia para buscar pistas sobre este camiño, as mestras preparamos esta presentación para iniciar unha conversa nas aulas sobre este tema.

Compartímola tamén no blog para que poidades vela e falar sobre ela nas vosas casas.

O CAMIÑO DE SANTIAGO DA RÍA DE MUROS E NOIA



viernes, 14 de enero de 2022

XEO

Estes días fríos que estamos tendo son perfectos para observar a xeada que hai nos campos pola mañá. Hoxe, cando chegamos ao centro, parte do patio estaba xeado e algunhas das follas secas que aínda quedan polo chan estaban conxeladas.

Sentir o frías que están, ver como coa calor o xeo se derrite,... permítenos abordar as sensacións frío-calor e descubrir os cambios de estado da auga.

Unha actividade moi sixeliña, pero moi interesante, é a de meter auga no conxelador para ver como cambia de estado e se solidifica e ver logo como o xeo se derrite coa calor.

Esta proposta tan doada, pode enriquecerse e convertirse nalgo artísitico se á auga lle engadides colorante, elementos naturais como follas, flores,... Xa que podedes crear unhas esculturas xeadas ben fermosas.

Animádesvos?

Nesta ligazón atoparedes ideas moi interesantes sobre arte con xeo

https://escuelainnatura.com/arte-con-hielo/





jueves, 13 de enero de 2022

A POTA QUE TROTA

 En 6º de infantil, gústannos moito os contos, e para comezar o ano estamos lendo o conto "A pota que trota" dentro da serie "Os contos do camiño". É divertido e recordamos valores moi importantes, como o de compartir.

Divertídevos! 



CUCÚ-TRAS DE ANIMALES DEL POLO

Estes días, na aula de 3 anos estivemos a falar sobre as características do inverno: observamos como está o noso patio, as árbores, sentimos o vento frío, falamos da roupa que temos que empregar nesta estación para estar quentiños,...
Pero hai lugares nos que o inverno é moito máis duro. Os lugares máis fríos do planeta son os Polos. Con este libro descubrimos os animais que viven nestas zonas. Casi todos eles no Polo Norte, execepto os pingüíns, que habitan no Polo Sur.




NEVE ARTIFICIAL

 Estamos estreando unha nova estación O INVERNO...Vai frío , chove ... Notastes os cambios na natureza?. E na roupa que nos poñemos ?

Cando vai moito frío , nalgúns lugares podemos atopar neve... En Esteiro non é doado que esto aconteza pero podemos facer nós neve artificial para xogar na casa e facer diferentes figuras con ela...queredes probar ? É moi divertido!!!

Existen varias receitas, pero a máis sinxela é a que mestura auga e bicarbonato sódico.

Podedes atopar máis información nesta ligazón

https://www.tierraenlasmanos.com/como-hacer-nieve-artificial-para-jugar-en-casa/







martes, 11 de enero de 2022

ARRANCAMOS DE NOVO

 Ola familias!

Como ben sabedes, este blog creouse non momento bastante complexo. A brusca aparición da COVID-19 nas nosas vidas fixo que a actividade lectiva presencial tivese que suspenderse. Para poder seguir mantendo o contacto, as mestras decidimos que esta podía ser unha ferramenta bastante útil e foi así como xurdeu "Peques do Ricardo Tobío".

Actualmente, coa gran cantidade de contaxios que se están dando, e as ausencias que conlevan, decidimos retomar a actividade deste blog para que todos os nenos e nenas de infantil que teñan que permanecer illados nas súas casas poidan estar ao tanto das actividades que se levan a cabo nas aulas e conten con propostas interesantes e divertidas para facer nos seus fogares.

Por tanto...

Arrancamos de novo!!!