domingo, 20 de febrero de 2022

CHEGA O ENTROIDO

 Chega o entroido e con el os mandadiños da mascota da nosa biblioteca, Miguiña.

Desta vez as súas peticións están relacionadas co proxecto anual sobre o camiño de Santiago.

O alumnado de cuarto curso de primaria estivo en Radio Laretas para contarnos cales serían e cómo imos celebrar estas datas na escola.

Podedes escoitalos nesta ligazón

https://go.ivoox.com/rf/82234420

Para comezar...O luns, tanto se chove, como si o sol quenta. que non se che esqueza traer algo na túa cabeza!!





lunes, 14 de febrero de 2022

CANCIÓNS PARA CELEBRAR O AMOR

 Hoxe, 14 de Febeiro, celébrase o día do amor e a amizade. E que mellor maneira de facelo que cantando e bailando. Velaquí  un par de cancións xeitosas para esta data.





sábado, 5 de febrero de 2022

TRAZOS E GOMETS

Os gomets son un recurso que lle encantan aos nenos e nenas de infantil e que ten moitas posibilidades para realizar actividades de grafomotricidade.

Velaquí uns exemplos

Pegar gomets sobre trazos marcados nun papel



Rodear gomets


Empregalos como punto de partida para realizar trazos verticais


Trazar camiños bordeando as pegatinas


Seguro que na casa se vos ocurren moitas máis posibilidades!!

RECORTAR

Recortar é unha actividade moi beneficiosa que podedes levar a cabo na casa cunhas tesoiras adecuadas para o alumnado de infantil

Recortar axuda a desenvolver os músculos da man, polo que  contribúe ao desenvolvemento da motricidade fina, a coordinación óculo-manual  e a mellorar e dominar destrezas manuais. Isto  tamén repercutirá positivamente na posterior adquisición dos procesos de escritura.

Ademais o proceso de recortado e creación libre cos recortes, axuda ao desenvolvemento da creatividade.

Cos nenos e nenas de menor idade pódensele dar tiras de papel para que vaian recortando en cadradiños, posteriormente poderán recortar eles mesmos as tiras e finalmente serán capaces de adaptarse aos trazos que marquemos sobre o papel.




OS TRES OSOS

O número 3 adoita estar presente en moitos dos contos clásicos. Un deles é o dos 3 osos. Esta historia adoita encantarlle aos máis pequenos polo seu carácter repetitivo. Ademáis é ideal para traballar conceptos relacionados cos tamaños e, por suposto, valores como o respecto.
Na aula de 3 anos foi un dos contos que se leu esta semana. Tamén se visionou esta animación realizada por OQO Films a partir do mesmo.
Agardamos que a poidades disfrutar en familia!




miércoles, 2 de febrero de 2022

2 DE FEBREIRO. DÍA DA CANDELORIA

O 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria, ou Festa da Luz. É unha das festas do ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno e que prepara a inminente chegada da primavera e, con ela, o renacer da natureza.

Esta data sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer primavera.

En Galicia, este día tamén se considera a festa do amor, xa que segundo a a crenza popular, é cando casan os paxariños nas árbores.

O noso refraneiro popular lembra que:

-A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.

A Candeloria tamén serve para anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera:

-Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora

-Pola Candeloria metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra.

-Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra. Se ri, o inverno quere vir.

-Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.