viernes, 30 de octubre de 2020

CONTOS E CANCIÓNS RELACIONADAS CO SAMAÍN

Hoxe festexamos o Samaín na escola. É unha festa coa que os nenos e nenas o pasan de medo. Son moitos os contos e cancións con esta temática que lemos e escoitamos na aula e que queremos compartir con todos vos para que poidades disfrutar deles en familia.







martes, 27 de octubre de 2020

OBRADOIROS SOBRE A IGUALDADE

 Para este curso, a ANPA preparou un proxecto sobre a igualdade para desenvolver no centro.

A situación sanitaria que temos neste momento ocasionou que os obradoiros que estaban programados teñan que realizarse de xeito telemático.

Onte e hoxe, nas aulas de infantil tivemos unha conferencia con Marian Cobelas, quen , a través de contos, tratou achegar aos máis peques a idea de que aínda que todos somos diferentes debemos ter as mesmas oportunidades para decidir e elixir o que nos gusta, sexamos nenos ou nenas.

Achegamos o enlace con algún dos contos empregados por se queredes volver a velos en familia.



LOS COLORES

SUPERLOLA


LOS CHICOS Y LAS CHICAS TAMBIÉN PUEDEN



¿LAS PRINCESAS USAN BOTAS DE MONTAÑA?


LALO, EL PRINCIPE ROSA

lunes, 26 de octubre de 2020

QUE SUSTO!

 E que vos parece comezar cunha actividade de plástica ? 

Mirade estes simpáticos fantasmas e morcegos feitos con tubos de papel hixiénico....poderían servir para decorar as nosa casas ... que xa chega  o Samaín !!!



AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!

 Ola a todos e todas!

Aquí estamos de novo para acompañarvos  neste curso 2.020-21. Antes de nada queríamos saudar ao novo alumnado da aula de 3 anos  que comezou a súa andaina escolar no noso centro. BENVIDOS A TODOS E A TODAS !!!

Durante o curso gustaríanos compartir con vós actividades e xogos  que  poidades desenvolver na casa coa vosa familia , e  de cando en vez tamén  invitaérmosvos a  que compartades algo que vos resulte interesante ou divertido. Así que agardamos que este blog sexa de novo unha ferramenta que nos permita estar en contacto e compartir momentos interesantes.

Un saúdo: O equipo de Educación Infantil