Para este curso, a ANPA preparou un proxecto sobre a igualdade para desenvolver no centro.
A situación sanitaria que temos neste momento ocasionou que os obradoiros que estaban programados teñan que realizarse de xeito telemático.
Onte e hoxe, nas aulas de infantil tivemos unha conferencia con Marian Cobelas, quen , a través de contos, tratou achegar aos máis peques a idea de que aínda que todos somos diferentes debemos ter as mesmas oportunidades para decidir e elixir o que nos gusta, sexamos nenos ou nenas.
Achegamos o enlace con algún dos contos empregados por se queredes volver a velos en familia.
SUPERLOLA
LOS CHICOS Y LAS CHICAS TAMBIÉN PUEDEN
¿LAS PRINCESAS USAN BOTAS DE MONTAÑA?
LALO, EL PRINCIPE ROSA
No hay comentarios:
Publicar un comentario