miércoles, 25 de marzo de 2020

PARA MOMENTOS NOS QUE PRECISEMOS RELAXARNOS

Nas rutinas da aula, tras o recreo, para a volta a calma, temos un momento de relaxación con música.
Consideramos que é probable que estes días, nas vosas casas, tamén precisedes tempos nos que poder relaxarvos.
Seguramente, entre os nenos e nenas aparecerán perrenchas, angustias, polo feito de ter que estar encerrados nas casas. Tras eses momentos, e para volver a normalidade, pode ser boa idea poñer unha música tranquila, que os convide a volver a calma.

Unha idea para facer a relaxación máis divertida é poñerse por parellas e ir facendo cóxegas cos dedos ou con algo suave como unha pluma, un pompón.... nas diferentes partes do corpo.

ROSALÍA PEQUENIÑA

MIÑA DOCE AMIGA


ARROLO DE DOMAIO


ARROLO DE CUÑAS


No hay comentarios:

Publicar un comentario