martes, 24 de marzo de 2020

COMPARTIR MOMENTOS

Dentro das rutinas da aula, todos os días temos un momento de asemblea no que os nenos e nenas poden compartir cos seus compañeiros as súas vivencias, curiosidades, intereses,...
Agora que todos estamos nas nosas casas e non podemos reunirnos para facer estes faladoiros ocurreusenos que a través do noso correo electrónico podedes facernos chegar imaxes das actividades que estades a realizar na casa, preguntas dos vosos nenos e nenas, acontecementos que queiran compartir cos seus compañeiros,... e subirémolos ao blog.
Por suposto, para respectar a privacidade de imaxe dos vosos nenos e nenas podedes enviar fotos nas que non se vexan as súas caras ou pedirnos que as pixelemos.
Animádesvos?
infantilricardotobio@gmail.com
Resultado de imagen de asamblea niños

No hay comentarios:

Publicar un comentario