Son moitas as tarefas da casa nas que os nenos e nenas poden colaborar. Deste xeito van a adquirir unha maior autonomía e tamén unha mellor destreza manual.
Agora que temos todo o tempo do mundo, deixádelles facer e permitide que se equivoquen e cometan erros, porque diso tamén se aprende.
Velaquí varias tarefas sinxelas que os nenos e nenas poden facer por si mesmos:
-Vestirse e espirse. Tamén calzarse e descalzarse.
-Abotoar e desabotoar.
-Preparar a roupa do día seguinte.
-Asearse.
-Emparellar calcetíns.
-Limpar os seus zapatos.
-Axudar a tender a roupa.
-Poñer e recoller a mesa.
-Preparar por si mesmos pequenas merendas: facer un bocadillo, unhas brochetas,...
-Untar pan con confitura, queixo,...
-Cortar verduras ou froitas.
-Pelar ovos cocidos.
-Abrir e pechar envases.
-Preparar xuntos unha receita sinxela.
-Amasar.
-Servirse a bebida.
-Colaborar na limpeza da casa (quitar o polvo con un plumero, un trapo, limpar cristais,...)
-Regar e coidar as plantas...
Os nenos e nenas da etapa de infantil precisan ser conscientes de sí mesmos e das súas posibilidades. O adulto debe ofrecer un modelo e acompañar nestas accións, pero dando só a axuda necesaria e procurando non intervir demasiado. Son os peques os que teñen que traballar e exercitar as súas mans. Con estas actividades da vida práctica levan a cabo un traballo mental, emocional e físico. Aprenden a ser independentes, a concentrarse, a controlar os seus músculos e anlizar as etapas lóxicas dunha actividade. Así que...deixádelles facer!
No hay comentarios:
Publicar un comentario