- Unha vez recibidas instrucións definitivas por parte da Consellería de Educación para o desenvolvemento do terceiro trimestre nos centros educativos, procedemos a informar ás familias do seguintes puntos:
· O traballo do terceiro trimestre estará enfocado principalmente ao repaso, reforzo e recuperación dos contidos e competencias traballadas antes da suspensión das clases presenciais.
· O profesorado dispón da primeira quincena de maio para adaptar as súas programacións. Unha vez revisadas e adaptadas serán publicadas polo centro a través da súa páxina web para información de toda a comunidade educativa.
· Para a avaliación na etapa de Ed. Infantil teranse en conta, principalmente, os dous primeiros trimestres. Non obstante, é necesario que durante o terceiro trimestre se manteña unha comunicación constante e fluída co profesorado e se sigan as súas suxestións para manter o vínculo do alumnado co ámbito escolar.
· Non será necesario o envío de tarefas xa que o seguimento das actividades será un aspecto máis dentro da comunicación coas familias.
· Pedimos colaboración e responsabilidade ás familias con respecto ás propostas de tarefas dos seus fillos e fillas. Calquera dificultade para poder recibir as actividades por parte do profesorado deberá ser comunicada na dirección do centro a través dos canles establecidos para iso.
· As familias velarán porque o alumnado estea en contacto continuo co centro, e estarán pendentes, coa maior frecuencia posible, das ferramentas e plataformas que estamos utilizando para o envío de tarefas e notificacións (Abalar, páxina web, blogs das distintas aulas e áreas, etc...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario