jueves, 11 de junio de 2020

ENREDOS CON CALCETÍNS

Estes días parece que a chuvia volverá estar presente, polo que teremos que pasar máis tempo na casa. Tendo en conta itso, a proposta que vos presentamos hoxe pretende que vos divirtades, ao tempo que os nenos e nenas adquiren novos aprendizaxes, empregando un material moi sinxelo e común: Os calcetíns!

-Estimar e contar calcetíns:
Facer un montón con calcetíns e estimar cantos pode haber. Logo comprobalo contando

-Emparellar calcetíns:
Facer un montón  cos calcetíns da casa e buscar a parella de cada calcetín. Ensinarlles a doblalos e meter un dentro doutro. Deste xeito, ademais de traballar a discriminación visua,l estamos  axudando a mellorar a motricidade fina.

-Calcetíns multiusos:
Esta actividae consiste en poñer en marcha a creatividade e pensar en posibles usos que poden ter os calcetíns a maiores do habitual: Poden convertirse en unha corbata, un lazo para o pelo, unha bufanda...

-Pelota de calcetíns:
Elaborar unha pelota con calcetíns e xogar con ela: Pasárnola de uns a outros e ao que lle caia das mans perde un punto; elixir un obxecto a modo de diana para derribar ou tocar lanzando o calcetín; usala como balón de fútbol e intentar meter un gol nunha portería improvisada, que poden ser as patas dunha silla, por exemplo.
Con estes xogos melloramos as habilidades motrices dos nenos e nenas. Algo fundamental nestas idades.

-Títere de calcetín:
Confecionar un títere a partir dun calcetín é unha actividade moi divertida coa que se desenvolve a creatividade. Podemos coser ou pegar uns botóns a modo de ollos, anacos de la como se fose o pelo,... Buscaremos un nome para o títere e podemos xogar con el a representar diferentes situacións. Animádesvos? Podedes enviarnos fotos do títere que confecionedes en familia.

Calcetines, Lana, Tejer, Hilo, Afición, Cálido

No hay comentarios:

Publicar un comentario