Estamos no San Martiño e tempo de xogar cos trompos no camiño.
Vamos a pobar que tal nos salen os trompos.Propoñemos facer estos que son moi sinxelos,Na clase de 4 anos fixemolos e saironnos xenial.Pasamolo moi ben!!!
Blog das aulas de educación infantil do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío, de Esteiro.
Estamos no San Martiño e tempo de xogar cos trompos no camiño.
Vamos a pobar que tal nos salen os trompos.Propoñemos facer estos que son moi sinxelos,Na clase de 4 anos fixemolos e saironnos xenial.Pasamolo moi ben!!!
Neste trimestre estamos a traballar o noso corpo. Aquí vos deixamos unhas divertidas cancións que tamén podedes bailar..
....por iso convertémonos en científicos e científicas e descubrimos cousas moooi interesantes.Hoxe na aula de 3 anos averiguamos como aparecen as cores secundarias.. 🔍
Cun pouco de auga en 3 vasiños , colorante alimentario e panos de papel..
Aquí vos queda unha ligazón con varios experimentos que podedes facer na casa.
ANIMÁDEVOS!!!
Este foi un Samaín diferente, pero hai tradicións coas que disfrutan os máis pequenos que se deben seguir mantendo.
Compartimos as imaxes das cabazas que elaboráchedes en familia e nos fixéchedes chegar.
Graciñas!
Para este curso, a ANPA preparou un proxecto sobre a igualdade para desenvolver no centro.
A situación sanitaria que temos neste momento ocasionou que os obradoiros que estaban programados teñan que realizarse de xeito telemático.
Onte e hoxe, nas aulas de infantil tivemos unha conferencia con Marian Cobelas, quen , a través de contos, tratou achegar aos máis peques a idea de que aínda que todos somos diferentes debemos ter as mesmas oportunidades para decidir e elixir o que nos gusta, sexamos nenos ou nenas.
Achegamos o enlace con algún dos contos empregados por se queredes volver a velos en familia.
E que vos parece comezar cunha actividade de plástica ?
Mirade estes simpáticos fantasmas e morcegos feitos con tubos de papel hixiénico....poderían servir para decorar as nosa casas ... que xa chega o Samaín !!!
Ola a todos e todas!
Aquí estamos de novo para acompañarvos neste curso 2.020-21. Antes de nada queríamos saudar ao novo alumnado da aula de 3 anos que comezou a súa andaina escolar no noso centro. BENVIDOS A TODOS E A TODAS !!!
Durante o curso gustaríanos compartir con vós actividades e xogos que poidades desenvolver na casa coa vosa familia , e de cando en vez tamén invitaérmosvos a que compartades algo que vos resulte interesante ou divertido. Así que agardamos que este blog sexa de novo unha ferramenta que nos permita estar en contacto e compartir momentos interesantes.
Un saúdo: O equipo de Educación Infantil