viernes, 19 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

O curso escolar chega ao seu fin, e non queremos despedirnos sen antes deixarvos unha serie de recomendacións para este verán. Por suposto, o blog quedará a vosa disposición e podedes visitalo as veces que queirades para escoitar contos, cancións e incluso realizar propostas das que vos fixemos ao longo de todo este tempo.
Estes son os nosos consellos:

-Disfrutar en familia: O verán é un bo momento para pasar máis tempo en familia e disfrutar xuntos falando, xogando, compartindo…

-Realizar actividades motrices: Saltar, nadar, correr, patinar, trepar, montar en bici, camiñar,…todas sirven!

-Colaborar na casa: Seguro que xa todo este tempo o estiveron facendo, pero no verán deben continuar colaborando: poñer e recoller a mesa, limpar o polvo, ordenar os seus xoguetes,…

-Ser máis autónomo/a: Vestirse e espirse con cada vez menos axuda, preparar a súa merenda, asearse, cepillar os dentes,…

-Aprender cancións, contos, xogos:
Seguro que a familia ten moitos contos que contar, cancións para cantar e xogos que ensinar aos máis peques.

-Debuxar, pintar, recortar, modelar: É divertido, estimula a creatividade e axuda a mellorar a motricidade fina e a coordinación óculo manual.

-Xogar coas palabras e cos números: Ao vexo vexo, palabras encadeadas, adiviñas, tratar de adiviñar cantos obxectos hai nun bote, contar pedriñas, cunchas,…

-Ler e que nos lean: Non importa se os nenos e nenas saben ler ou non. Abrir un libro e inventar a historia é igual de divertido. Por suposoto, a familia debe ser sempre un modelo a seguir e é importante ver ler aos adultos. Ademais, un conto compartido antes de ir a durmir é un fantástico momento!

-Coidarse moito e respectar as normas sanitarias para protexerse da COVID-19.

FELIZ VERÁN!!
Corazón, Arena, Playa, Verano, Mar, El Amor, Vacaciones

No hay comentarios:

Publicar un comentario