jueves, 16 de abril de 2020

XERMINACIÓN DUNHA SEMENTE

Ola familias!
Hoxe traémosvos outra proposta moi sinxeliña, que seguro moitos de vós fixestedes na escola cando erades peques.
Na primavera, a natureza experimenta moitos cambios como podemos observar nas fotos que nos enviástedes. Tamén é momento de sementar, e iso podémolo disfrutar desde as nosas casas vendo como xermina unha semente.

MATERIAL NECESARIO
-Semente (lentella, faba, chícharo, millo...)
-Vaso, tarro ou bote (preferiblemente trasparente, aínda que tamén serve un de iogur)
-Algodón ou papel de cociña
-Auga

REALIZACIÓN
-Coloca a semente no tarro xunto cun pouco de algodón ou papel de cociña húmido.
-Déixao nun lugar no que lle dea a luz, a carón dunha ventá, por exemplo.
-Agarda uns días a ver que pasa
-É importante que o algodón sempre conteña algo de auga. Ao longo dos días irase secando polo que deberedes humedecelo con frecuencia.

Podedes rexistrar nnha folla de papel o nome da planta e día no que o fixéstedes para ver canto tarda en agromar, ou apuntalo no calendario. Tamén podedes debuxar o experimento e ir engadindo os cambios que observedes co tempo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario