A proposta de hoxe ten algo de manualidades e tamén de ciencia. Seguro que cando erades peques o tedes feito na escola ou na casa para xogar: Un teléfono con vasos de iogur.
A idea fíxonola chegar Valeria, da aula de 6º de Infantil, que nos enviou unha foto xogando con este trebello.
Pareceunos unha proposta moi sinxeliña coa que poder divertirse e aprender sobre cómo viaxa o son. O son viaxa polo aire, pero tamén pode facelo a través doutros materiais. Queredes comprobalo?
MATERIAL NECESARIO
-2 botes de iogur
-Cordel ou lá (3 metros aproximadamente)
-Tesoiras
-Agulla ou punzón
ELABORACIÓN
-Realizar un pequeno orificio na parte de abaixo de cada vaso
-Introducir en cada orificio un extremo do cordel e anudalo para que non se solte
Cada persoa colocarase nun extremo do teléfono tensando o cordel. Mentras un fala o outro escoita,comprobando como o son viaxa a través dos vasos e o cordel que os une.
Os peques poden decorar os vasos. Se pegades un trozo de papel cubrindo o vaso será máis sinxelo que eles poidan debuxar sobre el. Tamén poden pegarlle pegatinas.
Ademais da manualidade podemos aproveitar para xogar coa palabra Teléfono e a letra T.
-Escribir a palabra TELÉFONO e facer preguntas: E longa ou curta? Cantas letras ten? Por cal empeza? Por cal remata?
-Compoñer a letra T con distintos materiais, pensar en palabras que comecen por T, facer unha lista de palabras que se escriban con T,...
Todo isto dependendo da etapa na que se atope cada peque.
Agradecemos moito que nos fagades chegar ideas, suxerencias, porque as propostas que xurden dos nenos e nenas e as súas familias, son as máis motivadoras de todas.
Graciñas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario