martes, 31 de marzo de 2020

GALICIA LE

Ola familias!
Para levar o mellor posible estes días de confinamento traémosvos unha boa nova!
A Xunta facilita as condicións de acceso á plataforma GaliciaLe, que ofrece máis de 4.500 títulos de libros, revistas o películas.
O catálogo de préstamos electrónicos, que só estaba operativo para os usuarios das bibliotecas públicas, ábrese agora a toda a poboación e de xeito gratuíto.
A través deste servizo pódense descargar e visionar obras en formato dixital de diversas temáticas, para todos os públicos e en ata oito idiomas
A medida enmárcase na campaña #aculturasegue que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha para achegar unha oferta de lecer cultural aos fogares.
Para facilitar o acceso a esta plataforma só é necesario rexistrarse mediante o formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe. Tras cubrir o formulario, o usuario recibirá no seu enderezo electrónico as claves para acceder a plataforma. Cando remate o estado de alarma, os usuarios disporán dun período de 30 días para e recoller o seu carné e seguir gozando das vantaxes da rede de bibliotecas públicas de Galicia e desta plataforma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario