Con pedriñas:
Coas pedriñas que hai na praia ou no río podemos crear un abecedario ben xeitoso, trazando con pintura ou rotulador permanente as letras sobre elas. Se aplicamos unha capa de barniz trasparente por riba terán un acabado máis brillante e duradeiro.
Logo podemos xogar a compoñer palabras, localizar as letras que ten o noso nome, as iniciais dos compañeiros,...
Con cunchas:
Podemos facer o mesmo empregando cunchas que atopemos na praia
Para o alumnado da aula de 5 anos, nesta ligazón tedes unha proposta para traballar a lecto-escritura con cunchas
https://ladiversiva.com/manualidades-saturna-crea-juego-lectoescritura-ninos
Creación de letras con follas, pauiños,...
Nesta ligazón atoparedes múltiples ideas e actividades de lecto-escritura para todas as idades empregando materiais naturais
http://lluviadeideasyrecursos.blogspot.com/2015/05/recursos-actividades-lectoescritura-infantil-primavera-naturaleza.html
Por último, achegámosvos unha canción coa que recordar as letras do abecedario en galego
No hay comentarios:
Publicar un comentario