martes, 12 de mayo de 2020

PROPOSTA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para o Día das Letras Galegas os equipos de Biblioteca e Dinamización da lingua galega fannos unha proposta sinxelina na que podemos participar todo o cole.

AMOR POLAS PALABRAS. UNHA PROPOSTA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Consiste en escoller unha palabra ou expresión galega que nos guste, a poder ser, típica da zona. A escribades en un folio e a decoredes: con ceras, rotuladores, un debuxo,...e nos enviedes unha foto, na que pode aparecer sólo a palabra ou os nenos/a suxeitando o cartel. A palabra debe verse ben e poder lerse. Como sempre podedes enviar as fotografías ao correo das aulas de infantil, ao blog da biblioteca ou directamente ás titoras.
Debedes facelo antes do luns día 18. Logo crearemos un vídeo ou presentación con todas as imaxes.

Ademais deixámosvos unha ligazón a unha actividade interactiva sobre o autor homenaxeado este ano. Ricardo Carballo Calero.

RICARDO CARBALLO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020
Nestas ligazóns tamén podedes atopar material para imprimir apropiado para cada idade.

ACTIVIDADES 4º_ED_INFANTIL.pdf
ACTIVIDADES_5º_ED_INFANTIL.pdf
ACTIVIDADES_6º_ED_INFANTIL.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario