miércoles, 13 de mayo de 2020

EN GALEGO...MEU O MUNDO É!

A canción "Meu o mundo é!", conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego! "En galego falo, en galego sinto, en galego canto, sabes que non minto. En galego todo podo facer, en galego estou no mundo... Meu o mundo é! En galego leo, en galego escribo, en galego bailo, sabes que non minto. En galego todo podo facer, en galego estou no mundo... Meu o mundo é!"



No hay comentarios:

Publicar un comentario