jueves, 7 de mayo de 2020

QUE COUSA COUSIÑA É?

O profe Gonzalo preparou para o alumnado de infantil unha canción ben chula Con moitas adiviñas. Leva por título Que cousa cousiña é?
Seguro que cando a escoitedes pasaredes todo o día cantándoa porque é moi pegadiza. Fixádevos tamén nos instrumentos que toca Gonzalo. Coñecedelos? Seguro que si.

Ademais fixo unha adicatoria para cada unha das clases. Así que deberedes elixir o video correspondente a cada aula.

Disfrutade da canción!!

QUE COUSA COUSIÑA É? (Con adicatoria para a aula de 3 anos)
QUE COUSA COUSIÑA É? (Con adicatoria para a aula de 3 e 4 anos)

QUE COUSA COUSIÑA É? (Con adicatoria para a aula de 5 anos)  



No hay comentarios:

Publicar un comentario