lunes, 23 de marzo de 2020

FABRICAMOS PLASTILINA?

Ola familias! Hoxe traémosvos outra proposta que nos parece moi interesante e que pensamos que  pode axudar a desenvolver a motricidade fina dos mais peques ao tempo que fomentamos a súa creatividade.
Que vos parece fabricar plastilina? Na rede podedes atopar múltiples receitas. Nos seleccionamos unha  que nos pareceu moi sinxeliña.

INGREDIENTES: 
-3 vasos de fariña
-1 vaso de sal fina
-1 taza de auga
-De 2 a 5 culleradas de aceite (empezar engadindo dúas)
-Colorante alimentario (opcional)

ELABORACIÓN:
-Poñer todo en un recipiente e mesturar ben.
Si a textura é demasiado dura, podes ir engadindo máis aceite.

Tedes máis información no seguinte enlace

PLASTILINA CASEIRA EN CINCO MINUTOS


Con esa plastilina que fabriquedes, ademais de formas, figuras, podedes aproveitar para facer números, letras, compoñer os vosos nomes...

Se queredes contarnos que vos parece a proposta ou falarnos da vosa experiencia creando este material podedes deixarnos os vosos comentarios.

2 comentarios:

  1. Nós xa a fixemos e saiunos moi ben á primeira....Incrible.... Rita propón que agora fagamos "Slime".... si atopades unha proposta tan fácil como esta da plasti avisade. Saudiños profes e compis!!! Moito ánimo!!!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas pola suxerencia, a ver o que atopamos!! Coidádevos moito!!

    ResponderEliminar