miércoles, 6 de mayo de 2020

RECORTAR E PEGAR

Para hoxe traémosvos outra proposta que ten moitas posibilidades: recortar e pegar.

É importante que os nenos e nenas aprendan a manexar as tesoiras. Por motivos de seguridade estas deben ser tesoiras de uso infantil con punta redondeada e é importante que os acompañedes durante o seu uso.

O uso de tesoiras axúdalles a desenvolver  a súa motricidade fina e a coordinación óculo manual. Por tanto, o feito de recortar por recortar, sen ningún outro fin, xa é unha boa actividade.

Para os máis pequenos, que comezan a manexar as tesoiras, podemos ser os adultos os que cortemos tiras de papel e logo lle pidamos que as corten en cadradiños pequenos.

Pra os que xa teñen máis soltura recortando, os catálogos de supermercado, revistas e xornais son un material valiosísimo, xa que poden recortar diferentes elementos que aparezan neles.

Se realizamos composicións cos elementos que recortamos, e os pegamos nun folio ou cartulina, estamos a traballar a técnica plástica do collage e desenvolvendo a nosa creatividade: compoñer caras, paisaxes, formas, crear composicións disparatadas,... son actividades moi interesantes.

Se recortamos letras e xogamos a compoñer o noso nome ou outras palabras, tamén estamos a traballar a lectura e a escritura.

Que vos parece a proposta? Animádesvos a facer as vosas creacións e a enviarnos fotos?


http://plastiquem.blogspot.com/2014/04/tallers-de-plastica-ed-infantil-9.html?showComment=1397645216075#c6603689196623978067
 castle
https://www.pinterest.es/cnuezrincon/collage-infantil/

http://trabajandoenedinf.blogspot.com/2018/09/actividades-con-nuestro-nombre-2.html
http://talbaescola.blogspot.com/2012/02/letras-recortadas-sin-recortar-letras.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario