Para estes días tan soleados que podemos pasar tempo no xardín ou na praia recomendámosvos uns de xogos moi divertidos e que implican atención, imitación e expresión corporal.
O ROBOT ATAREFADO
-O neno/a colócase fronte a un adulto e debe facer o que lle diga: sacar a lingua, mover as cadeiras, levantar unha perna, ... As accións poden ir complicándose moito: coa man dereita tocar o xeonllo esquerdo, saltar sobre un pé,...
TODO O CONTRARIO
Un adulto dirixe o xogo. Vai dicindo accións e o neno/a ten que facer todo o contrario. Por exemplo, se di "chorar" o neno/a debe rir, se di levantarse debe sentarse, ...
O ESPELLO
É un xogo para facer en parella, un participante fronte a outro. Un debe realizar movementos que o outro ten que reproducir case simultáneamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario